Cousas miñas e outras burradas
TwitterFacebookFlickrLinkedInEmailRSS

R.A.P.A

Cando lin este titular  “Sabucedo pide a fiestas similares que dejen de promocionarse como Rapa” quedeime asustado, pero o contido é moito peor:  ” El colectivo remite escritos a una decena de organizadores advirtiendo que tiene registrado el término como marca “.

O único obxectivo que hai detrás disto é  apropiarse dunha palabra da nosa cultura de tod@s, non só dos de Sabucedo. O rexistro como marca comercial é para negociar, non sabía eu que a Asociación Rapa das Bestas  de Sabucedo era unha empresa…

Recomendovos ler:  Rapa®  |  Blog de Chimpin

[xD] Google e as incognitas da vida

Google é unha caixa de sorpresas, recentemente atopei navegando que se introduces na búsqueda “Tengo 1…” suxireche diferentes estados segunda a túa idade, estes poden ser tenros, tristes, decepcionantes, felices,…., pero en calquera caso é a realidade humana.
Pensei chegar máis ala e cambiar a procura ao galego é dicir “Teño …” e as suxerencias son un reflexo da nosa cultura galega, unha imaxe vale por mil palabras.

Escola 2.0 vs Escola 1.0

Hoxe 17 de Maio é o día da miña Lingua, o Galego, e tamén da Internet e da Sociedade da Información e queria facer unha reflexión colectiva que recentemente o goberno ven de amosar o programa ABALAR co cal se pretende innovar e modernizar o ensino. Isto faime reflexionar se ter computadoras, PDAs, canóns de video, videoxogos,… e moitsimas aplicacións para traballar en rede serven para algo, mais mentras non haxa un cambio de metodoloxía a escola segue sendo a mesma e so tiramos cos cuartos (aconsellovos ver este video).

Realmente este goberno intenta vender unha imaxen dun ensino moderno e futurista coas novas tecnoloxías  e tamén co Decreto do  Galego, esquecense que as escolas son a oportunidade para para alfabetizar a sociedade e a mellor forma de achegar a cultura, un dos principios básicos das escolas Republicanas. Digo isto porque o actual Decreto do Galego do Sr Feijoo o único que aporta é o descoñecemento dunha cultura e dunha lingua Galega cunha nube de fume modernidade.

Imos aviados  que voltamos aos séculos escuros 2.0!

Pensa duas veces o uso que lle das o papel

Esta imaxen corresponde cunha campaña da WWF (World Wildlife Fund  o Fondo Mundial para a Natureza) para que as persoas que empregan toallas de papel nos baños públicos tomen conciencia do impacto que ten usar papel  nas selvas e bosques do mundo, neste casto amosase un mapa de sudamérica que conforme se van rematando as toallas vese como tamén se está a rematar as árbores.
Fonte: http://reflectionof.me/think-about-it-24