Yearly Archives: 2011
Se eu non podo, el tampouco
O que te descalifica sempre tratará de buscar aliados: falará con outros para envenenalos, porque o envidioso non quere que triunfes. Aprende a escoitar o que a xente di.
Tanto o que envenena como o que te descalifica tratará que non alcances os teus soños e encargarase de boicotear cada un dos teus proxectos. O seu lema é: “Se eu non podo, el tampouco”
Ponlle tapa a tua bolsa, excelente idea
As b
otellas de plástico volven a ter vida antes de ser tiradas ao caldeiro do lixo. Cantas veces estivemos pelexandonos coas bolsas para cerralas hermeticamente? Pois coa cabeza dunha botella xa está listo.
1) Cortar unha botella de auga desechable (ou semellante) e manter o pescozo e parte superior, como nas fotos a continuación.
2) Pasar o sobrante da bolsa de plástico a través da boca e roscar
para selar.
A botella está feita para ser hermética, de maneira que a auga non se escapará, o segredo está na parte superior e a tapa roscada!
Fonte: Cadea de correos. Grazas Alex.
Dichosa Barra de Progreso
Despedida
Cheguei coa mochila vacia e marcho con ela chea de momentos vividos convosco. A nivel individual e persoal sodes marabillosos, e xuntos formades un equipo estupendo do que tiven o gusto de formar parte este medio ano. Moitas grazas polo tempo compartido e por todo o que aprendín ao voso lado. Quédame mágoa de non seguir convosco, pero nestes momentos non pode ser.
Apertas Belay
Avisador de eventos Android – Escritorio
Recentemente merquei un HTC Wildfire e realmente é un móbil moi completo e económico. Dispón dunha integración incrible dos contactos, axenda, facebook, twitter e gmail. Ademáis o Sistema operativo Android realiza unha xestión de recursos e memoria fascinante que lle ofrece unha grande estabilidade ao sistema, para min o móbil perfecto.
Navegando por internet atopeime coa aplicación Android Notifier é unha aplicación que conecta o móbil con Android ao teu escritorio en Linux, Windows ou Mac e fai que che mostre notificacións de todo o que che chegou novo, así sexan mensaxes de texto, chamadas, mensaxes de voz, notificacións de aplicacións, e até os avisos da batería cando se está esgotando.
Esta aplicación é recomendable para quenes botamos miles de horas diante dun PC ou os despistados que deixamos o móbil guindado en calquera sitio da casa.
A instalación é do mais sinxela precisas instalar un cliente no teu PC (existen versións para windows, mac e linux). Logo no teu mobil instalas através do market “Remote Notifier for Android ou este código QR e a configuración non ten complexidade ningunha tes máis informacion na Wiki da aplicación
Hermes
As veces o silencio é a peor mentira, prefiro denunciar ante os personalismos e silencios
bondadosos. Estou farto de calar polo cal non vou ser esclavo dos meus silencios e tolerar a falta de humanidade, tolerancia, mentiras, etica, moralidade e a as ansias de poder. Porque a política é algo mais que o poder polo poder….







