Cousas miñas e outras burradas
TwitterFacebookFlickrLinkedInEmailRSS

Arroz con leite

Ingredientes: Arroz con leite

  • 6 medidas de vaso de leite
  • 2 medidas de vaso de arroz.
  • 4 culleres sopeiras de azucre
  • 4 cortezas de laranxa.
  • 1 rama de canela.
  • 1 pizca de vainilla.

Elaboración:

Pon nun cazo o leite, a canela e a vainilla e a tona de laranxa deixa quecer uns 5 minutos a fogo lento, logo engade o arroz e deixa cocendose pouco a pouco.

Cando o arroz colla un punto meloso, engádelle o azucre e deixa cociñar un chisco máis (5-10 minutos).

Quítalle a canela e as tonas de laranxa. Deixao repousar un chisco e reparteo en copas/vasos. Esparexelle canela  por encima e listo para servir.

 

Notas:

  • Tamén se pode empregar corteza de limón en vez de laranxa ou as duas a vez.
  • Se vedes que o arroz con leite está quedando escaso de líquido durante a cocción podedes engadir auga ou leite.

 

Democracia vs Recurte

Recentemente o Goberno Galego informou da intención de realizar un recurte no número de Deputados Autonómicos, pasando de 75 parlamentarios a 61. Con esta medida argumentan que se van reducir custes, mais a miña pregunta é Como afecta este recurte á calidade democrática en Galicia respecto das outras autonomías do Estado?

Realicei  unha pequena análise  comparando tódalas comunidades autónomas,  obtendo o dato promedio do número de cidadáns aos que representa un deputado autonómico que é  de 33.000 habitantes.

Na Galicia  temos un representante por cada   37,000, isto quere decir que se o noso parlamento Galego se quere equiparar aos restantes do Estado ainda deberia incrementar o número e non recurtalo.

Quizais o Goberno da Xunta debería pedir chamar pola solideriedade territorial e que parlamentos autonómicos como Baleares, Extremadura, Cantabria, Navarra, La Rioja que teñen unha representación parlamentaria da metade da media (15.000 cidadáns x deputado).

Se Galicia se quixese equipararse á proporción estatal de deputados autonómicos tería que abrir o Pazo do Hórreo a 84 parlamentarios, un incremento de 9 señorías

 

 

Nota: 1) En vermello aquelas autonomias que están por debaixo da media estatal.

2) Fonte dos datos INE, censo do 2011.

3) Fonte da imaxen: http://asento76.wordpress.com/

Extensión Chuza! para Chrome

Apartires de agora xa temos dispoñible unha extension Chuza! para o navegador Chrome. A aplicación é un fork dun traballo realizado por Urko  para meneame.

Esta extensión ofreceche:

  •  Chuzar directamente dende unha nova que esteas lendo, simplemente facendo boton dereito e entrando na opción chuzar!
  • Notificacións discretas no navegador de novas en portada ou pendentes.
Descarga a extensión e chuza moito:

 

Entre dous mundos

O historiador grego Diodorus Cronus relata como o rei persa Dario I podía enviar as súas novas da capital ás provincias do imperio, por medio dunha liña de homes que berraban colocados en alturas. Desta forma, usando a voz humana, podíase chamar a filas a tódolos guerreiros en menos de 3 dias.  Este sistema arcaico resolvía as necesidades de telegrafar  ou “escribir a distancia”, superando 30 veces en rapidez de emisión aos corredores.

 

Este modelo de transmisión mecánico-humano foi dos primeiros para a emisión de mensaxes a distancia. O envío de novas foi unha das necesidades que sempre presentou a diáspora, empregando múltiples recursos como: telegramas, envíos postais, avisos a veciños ou chamadas a radio, co único fin de estar en contacto cos seus e manter día a día o desexo e o soño de retornar.

 

Na actualidade, coa chegada da internet e as computadoras e o emprego das tecnoloxías da información e a comunicación, e, por medio do contacto directo nos cyber’s e  locutorios ou mesmo, a través do envío de remesas de diñeiro, os emigrantes fanse presentes na comunidade de orixe, participando activamente nas relacións diarias, empregando internet, o teléfono, lendo xornais, vendo a televisión, etc. As ferramentas das TIC’s convertese para moitos a única posibilidade de sentirse no e do país, posto que o espazo non importa, a comunicación é instantánea, cun formato que permite a construción dunha “realidade virtual”, composta de cámaras dixitais, envío de arquivos gráficos, sonoros, vídeos que lles permiten dar a coñecer a súa experiencia ao seu grupo de pertenza; ao seu país.

 

As redes sociais e a web 2.0 non soamente desempeñan unha función importante na transmisión da cultura galega e consolidación dunha comunidade galega global, senón, tamén, son útiles para denunciar e resolver crises, como puido ser recentemente a xestión hospitalaria do Centro Galego de Bos Aires. Para que todas as aplicacións sociais e o mundo 2.0 non sexan unha utopía, precisan que a comunidade galega global participe, tendo, deste xeito, efectos positivos coma o incremento da dinámica intercultural, o enriquecemento e a democratización da transmisión da cultura, para o cal é fundamental o impulso de sitios como o laboratorio de ideas GalegoLab, o portal Chuza! (de novas galegas, que emprega un control non editorial, non xerárquico) ou o conxunto de blogues rexistrados noBlogomillo, entre moitas outras iniciativas.

 

Outro foco de actuación son as administracións públicas que, a día de hoxe, teñen por anecdótica a existenza de servizos e procesos de forma dixital. A implatación da «e-administración» permitiría aos cidadáns e, sobre todo, aos “ausentes” dispor de servizos máis áxiles, eficaces, transparentes e ter unha oficina de axuda as 24 horas do dia, 365 días ao ano.

 

A existenza de canles virtuais, foros, ferramentas de decisión coma os referendos electrónicos serán útiles para a o proceso de análise e razoamento da esfera política, ou, incluso, na xestión do goberno para acercalo á cidadanía. Serían pequenos pasos cara a construción dunha democracia deliberativa, que trataría de reinventar desafíos de participación e liberdades sociais novas, que permitan rexenerar o debate e renovar as aspiracións dos dereitos da cidadanía.

 

O desenrolo das novas tecnoloxías nos diferentes campos facilita a construción de espazos transnacionais, que son determinantes no reforzamento dos lazos e lugares da cultura galega na aldea global, e a ruptura das fendas sociais e territoriais a través da creación dun escenario de igualdade de oportunidades na Sociedade da Información. A identidade do cidadán permanecerá entre dous mundos: o real e o virtual.

Non quero máis “SOPA”

Que é a Lei Sopa?

A Lei SOPA (Stop Online Piracy Act) é un intento dos propietarios de dereitos de autor estadounidenses de controlar e monitorizar o tráfico en internet, co fin de combater o tráfico en liña de contidos e produtos protexidos. Entre estes pódese contar por exemplo coa música, películas, libros, creacións propias, imaxes etc.

Imaxinades non poder citar unha frase dun libro en Twitter? E dun filme? Ou do diálogo dun xogo? Que ocorrería se a información que Google indexa fose eliminada por contravir os dereitos de autor? Ou se nunha foto que temos en Facebook temos algo de fondo que ten dereitos de autor?

Por que nos afecta?

O filtrado da rede realizaríase a nivel global, polo que toda a cidadanía verá violados os dereitos de liberdade de expresión e privacidade ao ser vixiados polos parámetros indicados na Lei SOPA.

Suporía realizar un control polo miúdo do tráfico da rede xerado por cada usuario, a través do seu provedor de internet (ISP). Se o teu ISP encontra que realizas actividades fraudulentas, é dicir, arquivos protexidos polos dereitos de autor, poderías ser castigado con sancións que van dende a desconexión de Internet ata a entrada no cárcere.

Pensar que a lei non nos afecta porque somos soberanos  e  que non poden intervir servidores noutros territorios é errado.  Non importa que a lei sexa ditada en Estados Unidos e nós sexamos moi soberanos.  Primeiro, porque non obedecer aos EUA implica por en perigo varios acordos comerciais e económicos, segundo, porque a maioría dos servizos de aloxamento  e centros de datos están en Estados Unidos. Estamos dominados baixo o imperialismo americano.

 

 Na actualidade esta lei foi rexeitada por algunhas das máis relevantes empresas e organizacións de internet como: Google, Free Software Foundation,Facebook, Yahoo, eBay, Twitter, LinkedIn, Mozilla, European Digital Rights, Quadrature du Net, Open Rights Group e Reporteiros sen Fronteiras.

O Congreso de EUA conxelou a Lei  SOPA ata que non se atope un consenso que suporá a chegada  de novos proxectos semellantes na procura de limitar a creación, a innovación e dificultar o desenvolvemento futuro.

Digo non á Lei SOPA e as súas remasterizacións e obras derivadas. Non apoio a piratería,  mais tampouco apoio a desaparición de internet libre nin a supresión da liberdade de expresión na rede.

 

 

Se eu non podo, el tampouco

O que te descalifica sempre tratará de buscar aliados: falará con outros para envenenalos, porque o envidioso non quere que triunfes. Aprende a escoitar o que a xente di.

Tanto o que envenena como o que te descalifica tratará que non alcances os teus soños e encargarase de boicotear cada un dos teus proxectos. O seu lema é: “Se eu non podo, el tampouco”