Na seguinte infografía podes ver a histora do desenvolvemento dos videoxogos, aínda que a infografía non está completa si inclúense as principais empresas de videoxogos como Sierra, Atari, Activision, etc., que foron as que comezaron. Pica na imaxe para vela en grande.
Author Archives: belay
SMS Sorpresa
Hoxe recibin duas SMS non esperadas que se incremetan as miñas anecdotas estranas co mobil, dende chamadas de rus@s e polac@s, mensaxes de defunción…
As mensaxes son:
+543476*622***
Mi amor feliz cumple! Pasaala lindo, te deseo lo mejor… Te amo.
+543**6622*34
Feliz qumple primaa!! pasala genial i t recupres.. espero vernos pronto.. Te amoh
Espero que ao final estas sms cheguen o seu destino…
Conecto, logo existo… Non conecto, logo insisto.
Fai 2 anos comentaba os problemas que tiña coa conexión da EstradaDixital, dende aquela parecera que se solventara a gran maioria, mais nos últimos meses continuo cos mesmos e algún mais.
O problema non é so o ancho de banda, senon que agora cada 30 minutos caese a conexión…
So decir que me sinto como Enjuto Mojamuto, neste video.
Non é unha inocentada
ahora oeso moito “.com” que significa?
non volvas atrás?
Pois isto foi o que escoitou un amigo meu hoxe da boca do seu avó.
Faime gracia que falamos da Galiza do Século XXI, unha sociedade moderna e do coñecemento, como lle explicarían a este avó o que é internet, a firma dixital, a LOPD, a teleadministración,… non teño moitas gañas de escribir pero van estas preguntas:
- Que entende a xente por fenda dixital?
Para min non so é a falta de equipamentos e infraestruturas e tamén explicarlle correctamente a xente a utilidade desas infraestruturas. - Cando se aplica un proxecto piloto de novas tecnoloxías (aestradadixital), so se ven as infraestruturas pero non se realiza un estudo de como afectou na sociedade. Para cando a estradadixital fai un estudo deste tipo?
- Porque non chegan as novas tecnoloxías ao rural? Axudarían a evitar o éxodo do rural?
Existe unha fenda dixital que separa ó mundo rural, e pechala non só é un problema de tecnoloxía e de proporcionar máis computadores, radios e teléfonos móviles. Tratar de facer máis accesíbel a información é unha cuestión política e require vontade política, educación e fondos
Como crear unha fotografía 3D
Ramoncín chapa o canal de Youtube de “El Jueves”
Ramoncín, cantante e ex directivo da Sociedade General de Autores Españois(SGAE), foi o responsable do peche da canle da revista El Jueves en YouTube. O artista denunciara á publicación polas súas continuas burlas no portal de vídeos de Google. YouTube decidiu facer caso ás reclamacións de Ramoncín e pechar a canle. Con todo, a revista asegurou que seguirá colgando contidos audiovisuais a pesar da censura.
Pero El Jueves asegura non conformarse con esta suposta vitoria de Ramoncín. Desde a revista advirten que a canle do Xoves trasládase a Dailymotion e ademais, aseguran que colgarán un vídeo á semana en YouTube para comprobar “canto tempo dura”. Non hai nada como prohibir para difundir máis un contido pola Rede.
Aquí queda o primeiro, realmente moi bo sobre todo a parte final
Abrir unha cervexa cun papel
Facultades andantes?
Cito:
EL DÍA 7 DE OCTUBRE DE 2009 EL CENTRO PERMANECERÁ POR SER FESTIVO LOCAL EN A CORUÑA
Deducese entón que calqueira día que non sexa 7 de outubro a facultade pode non permanecer no seu lugar de costume..
Mención aparte merecese o incumplimento da normalización lingüistica polo “La Coruña”

Fonte: David Belay
Monopoly City Streets

Monopoly City Streets
O Monopoly City Streets é unha aplicación desenrolada por Hasbro e Google, será a nova adaptacion do Monopoly de toda a vida empregando todas as ruas e plazas do Google Maps.
O xogo estrenase mañan 9 de setembro, e veremos a capacidade adictiva que pode ter. O usuario inicia o xogo con tres millons de dólares e podra mercar calqueira rúa de calqueira cidade do mundo, eu xa me pido a Praza do obradoiro
.
Teño grande intereses como sera a intelixencia e que opcions permitira facer, no de mesa sempre hai algun que acaba collendo cartos a escondidas da banca, ou alianzas entre xogadores para arruinar ao outro e decir prácticas do oscuro mundo da especulación inmobiliaria.
Maña sera o estreno, e xa deixo por aqui unha captura do grande xogo.

Viaxe a Malta (II) – Comezo das clases
Na residencia temos companheiros de varias partes do estado, soprendeume que hai bastante xente hospedada de Europa do Leste.
O primeiro dia de clase, fixen o ansiado e temido test de nivel. Foron 80 preguntas en 45 minutos sobre gramatica e compresi’on de textos, a min non me deu tempo a rematalo.
Os companheiros son unha “mescolanza” de paises, Eslovaquia, Ucraina, Croacia, Italia, Rusia,… Ainda asi sobre a metade da xente e’ de Espanha.
Cando facemos traballos por parellas, de momento non me tocou con espanhois, en teoria estas obrigado a entenderte en ingle’s. Pero eu conseguin facer unha pequena trampa coa Italiana ela fala en Italiano e eu en Galego todo misturado con algo de ingle’s, a situacio’n foi bastante co’mica.
As clases son bastante amenas, facemos moito speaking. Danse situacions onde cantidade de acentos de ingles son curiosos, como pode ser o acento de granadino vs ucraino.
Fora da academia, sintome como un autentico “guiri”, perdido e desnortado nunha illa-cidade moi peculiar. Os edificios concordan mais con estar en Africa, que nunha cidade da Union Europea. Son xente moi cato’lica, sorprendeume as procesi’ons que montan, que paran toda a cidade. Nestas procesions deixan as figuras dos santos varios dias espostas na r’ua, pero esta devoci’on non ten limites. O outro d’ia iamos subir a un bus que vinha da praia e ao meu irman lle dixeron que sen a camisola non podi’a subir, unha cousa que ‘e habitual noutros paises na ‘epoca de calor. Logo dentro do autobus descubrimos enriba da cabeza do choffer un altar cunha virxe, pero tanto FANATISMO CAT’OLICO non ten limites, nesta illa.
Nos ultimos asentos do bus o que coincide no medio disponhiase como asento unha caixa de cervexas. Esta imaxe fixome recordar a fai moitos anos atr’as.
As praias son moi cativas, respeto as galegas, a gran maioria son prais de rochedo. As que tenhen area son praias de “area de gato” (area artificial). Pero isto e’ compensado coa temperatura da auga, parece que te metes nunha banheira enorme, ainda que produce algunha molestia a concentracion de sal nos ollos.
Esta foto ‘e da Praia de Cominio, unha das mellores prais de Malta, o fondo da praia ‘e de area. Os bordes da praia son de rochedo duro e molesto para os pes. Esta praia chamase a Lagoa Azul, pola sua cor da auga. Esta lagoa ‘e de auga salgada.

Existen uns cantiles nesta ille moi fermosos, alguns semellan ser fiestras ao ceo.





