Fai 2 anos comentaba os problemas que tiña coa conexión da EstradaDixital, dende aquela parecera que se solventara a gran maioria, mais nos últimos meses continuo cos mesmos e algún mais.
O problema non é so o ancho de banda, senon que agora cada 30 minutos caese a conexión…
So decir que me sinto como Enjuto Mojamuto, neste video.
A Estrada
...now browsing by category
Conecto, logo existo… Non conecto, logo insisto.
Domingo, Febreiro 7th, 2010Non é unha inocentada
Sábado, Decembro 26th, 2009ahora oeso moito “.com” que significa?
non volvas atrás?
Pois isto foi o que escoitou un amigo meu hoxe da boca do seu avó.
Faime gracia que falamos da Galiza do Século XXI, unha sociedade moderna e do coñecemento, como lle explicarían a este avó o que é internet, a firma dixital, a LOPD, a teleadministración,… non teño moitas gañas de escribir pero van estas preguntas:
- Que entende a xente por fenda dixital?
Para min non so é a falta de equipamentos e infraestruturas e tamén explicarlle correctamente a xente a utilidade desas infraestruturas. - Cando se aplica un proxecto piloto de novas tecnoloxías (aestradadixital), so se ven as infraestruturas pero non se realiza un estudo de como afectou na sociedade. Para cando a estradadixital fai un estudo deste tipo?
- Porque non chegan as novas tecnoloxías ao rural? Axudarían a evitar o éxodo do rural?
Existe unha fenda dixital que separa ó mundo rural, e pechala non só é un problema de tecnoloxía e de proporcionar máis computadores, radios e teléfonos móviles. Tratar de facer máis accesíbel a información é unha cuestión política e require vontade política, educación e fondos
Historico San Paio 2009
Luns, Xuño 29th, 2009Todo pobo síntese orgulloso das súas festas, de cara o exterior,son as mellores. Máis entre os veciños sempre estarán mal, ou terán cousas que corrixir. Isto é así porque forma parte da nosa tradición.
Os veciños que teñen a valentía de adicarlle o seu tempo libre, a organizar unhas festas, teñen que ser coñecedores dos limites. Isto sóese chamar “definir o escenario do problema de forma completa”, e claramente nas festas do San Paio 2009, non se fixo. Tampouco se definiron
riscos, e están entre dito o orzamento.
En moitos outros concellos as festas xa son organizadas polo Concello, mais non é un obxectivo deles. Pero si que deben formar parte das comisións de festas, man a man, cos veciños. No caso da Estrada, tense un concelleiro de “Educación, Cultura e Normalización Lingüística, Novas Tecnoloxías, Festas e Mocidade”. Non é admisíbel que descoñecera a situación económica na que estaban as festas ata o dia da nova BOMBA. Sendo a súa area de goberno, a que maior financiamento aporta.e non ter ningún control sobre o mesmo.
No referente a compensación dos bonos, discrepo no que se día na Voz de Galicia:
-
“el asunto de los bonos quedará seguramente cerrado definitivamente sin unas compensaciones que podrían resultar algo egoístas por parte de quienes puedan pedirlas, dadas las circunstancias. ”
A xente ofrecéuselle un produto/servizo, que era moi bo. Posiblemente fose unha ganga, pero presuponse que hai un estudo de viabilidade. En calquera outro tipo de evento deste tipo, non se plantexan non velar polos intereses dos cidadáns/consumidores. A min persoalmente, non me chegaron nin a entregar o Bono, e o pagueino como todos. Que fago?? Como estudante non me choven todos os días 30 euros, detrás hai un sacrificio de aforro para poder comprar un bono, ao final desaparecéronme os cartos.
Creo que o que é egoísta é xogar cos aforros de todos os veciños, dunha forma descontrolada e sen ningún rigor. Realmente preocúpame a imaxe errónea que se pode dar da xestión dos fondos públicos.
Eu so reclamarei o meu bono cando coñeza todo o acontecido de forma completa e se fagan publicas as contas. As cales debían selo dende un comezo, para evitar males deste tipo. Simplemente creando unha paxina web onde se reflexan todos os gastos e ingresos.
A Rapa das Bestas depende da túa sinatura
Venres, Xuño 19th, 2009Acaban de informarme que a Rapa das Bestas de Sabucedo, está no posto 11 para os tesouros do Patrimonio Inmaterial do Estado, para elo é preciso o teu voto para conseguir estar entre os 10 primeiros. Agora mesmo está competir co Rocío de Huelva, cas Fallas, co Carnaval de Cádiz e Tenerife, cos Sanfermíns,… todos eles con máis proxección nos medios
Podemos logralo, podemos ser os primeiros, pero a Rapa necesita da túa sinatura, utilizando o seguinte formulario. Opción 36. Tes até o día 28 de xuño.
Concentración: A Estrada por Palestina
Xoves, Xaneiro 8th, 2009
Desde xaneiro de 2006 Israel somete á franxa de Gaza, onde viven un millón e medio de persoas, a un feroz bloqueo económico, que se viu incrementado nas últimas semanas impedindo a achega de calquera tipo de axuda humanitaria, imprescindíbel para a subsistencia da poboación palestina de Gaza.
O 27 de decembro de 2008, Israel decide unilateralmente apertar a corda e esganar aínda máis ao pobo palestino, co beneplácito dos Estados Unidos e a pasividade da Comunidade Internacional e a ONU, bombardear a franxa de Gaza, producindo máis de 500 mortos e 2.500 feridos, boa parte deles nenos e nenas de curta idade. O 4 de xaneiro Israel invade Gaza e as consecuencias para a subsistencia física do pobo palestino en xeral e do preto dun millón e medio de palestinos en particular que viven en Gaza, é unha incógnita.
Diante desta situación, as entidades que conformamos a plataforma A Estrada por Palestina convocamos aos e ás estradenses a unha concentración en repulsa destes feitos o vindeiro sábado 10 ás 20:30 na praza do Concello. Durante o acto, de maneira simbólica, lanzarémoslle zapatos a un tanque iraquí isrealí , así que todo aquel que queira colaborar que traia algún na man.
Orgullo “Estradense”
Sábado, Xaneiro 3rd, 2009A continuación unha conversa de msn que me pasou Sabela que é do mellor que lin no que vai de ano:
[Sr x]: eu a estradense non me enorgullecería moito dela…
[Sr x]: non sendo que a contedes como empresa de pompas fúnebres
[Sra y]: como empresa d antiguidades (ofendida)
[Sra y]: na coruña todos s alegran xq teñen 1 tranvia vello
[Sra y]: en lugo todos s enorgullecen xq teñen 1 muralla vella
[Sra y]: en pontevedra todos contentos d ter 1 cidade q leva a palabra vella no nome
[Sra y]: en ourense todos felices d ter 1s burgas mais vellas ca dios
[Sra y]: pois nos!! nos temos a estradense con buses do paeolitico!!
Pazo de Oca, prodixio de Galiza ??
Martes, Novembro 11th, 2008
O programa, titulado A terra dos prodixios , emítese os xoves, en directo, e consta de catro capítulos.
O día 13, o pazo de Oca competirá con outros tres monumentos significativos.
As nosas Músicas de Couso
Martes, Agosto 12th, 2008
O vindeiro 14 de Agosto, o festival As Nosas Músicas, organizado pola Asociación A Xesteira de Couso, acada a súa XIII edición.
Tal e como vén sendo habitual en anos anteriores, nesta festa mestúranse sons tradicionais cos de bandas que teñen como principal cometido chamar á festa e ao baile. Nesta edición, na que volverá a haber zona de acampada e servizo de buses A Estrada – Couso (ida ás 23.00 e á 1.00 e volta ás 4.30 e ao remate da festa) actuarán Serralhe-aí (que gravará o seu disco en directo e contará coa colaboración de múltiples artistas invitados), Vai de Baile (grupo de acompañamento do concurso homónimo do Luar da TVG), Banda Potemkin (gañadores do A Polo Ghit 2006) e Festicultores Troupe (ben coñecidos como tremendos animadores de festas).
Ademais, a festa estará animada por unha representacións dos seráns de Mondariz – Pazos de Borbén. Nas aldeas e lugares destes concellos do interior da provincia de Pontevedra podemos atopar unha festa por que sí, calquera día á tardiña, no serán, e até entrada a noite. Cantar e bailar é o que gusta a esta veciñanza, sobre todo aos mais maiores, que nos alegran e nos entregan un legado de incalculable valor.
Por outra banda, A Xesteira estrea nova páxina web á que se pode acceder dende www.asnosasmúsicas.com como dende www.festadecouso.com. Alí pódese atopar, entre outras cousas, máis información sobre os grupos deste ano ou botarlle un ollo aos carteis dos festivais pasados.
Rapa das Bestas de Sabucedo
Martes, Xuño 24th, 2008A Asociación da Rapa das Bestas de Sabucedo produciu un vídeo, moi interesante sobre A Rapa que foi amosado en Madrid e na Estrada o sábado pasado, eu estiven alí e pareceume bastante mal o pouco interese que despertou, xa que eramos pouca xente, espero que fose cousa da Eurocopa e non de indeferencia respecto a gran Festa que hai no noso concello.
Este ano a festa cadra nos días 4, 5, 6 e 7 de xullo.
O vídeo foi subido por Ruxe-Ruxe na Estrada e o evento foi organizado por Concellaría de Turismo e a Asociación Rapa das Bestas.
Software Libre na nosa lingua
Mércores, Maio 28th, 2008O vindeiro sábado 31, ás 20 horas, na Aula Multimedia da Biblioteca Municipal, Galiza Nova organiza un acto baixo o título “Software Libre na nosa lingua” e no que contarán coa intervención de Suso Baleato, Coordinador de Mancomún, Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza, un proxecto impulsado pola Consellaría de Innovación e Industria.
Neste acto Suso Baleato explicará en que consiste o Software libre, así como as súas vantaxes a respecto do software privativo, en especial no que atinxe ás lingua minorizadas como a nosa.
O Software Libre, en contra do que moitos poidan pensar non está morto, e de feito dia tras dia facemos uso de ese tipo de aplicacións independentemente da plataforma na que nos movamos: xa sexa redactando un documento ou folla de cálculo con OpenOffice ou navigando pola rede con Firefox, por amosar algúns exemplos.
Todas estás ampliacións libres danos a liberdade de poder adaptarlas para poñelas ao noso gusto, entre elas está o da I18N (Internalización) . A internacionalización é un proceso polo cal se deseña o software para que poida adaptarse a diferentes idiomas e rexións sen necesidade de cambios bruscos / grandes no código.
¿Porque no software libre é máis sinxelo?
Eu basicamente o resumiría en que o SL (Software Libre) non che pon ningún tipo de traba a hora de ter os teus programas en galego mentras o Software Privativo de ante man non cho permite.