Cousas miñas e outras burradas
TwitterFacebookFlickrLinkedInEmailRSS

A acabaronse as bragas de Castelao

Fai case un ano publiquei a seguinte entrada: “As bragas de Castelao“, ia de visita a Galescola de Rianxo e de paso fixera

algo de turismo polo pobo. Pareceume unha falta de respeto total ao estado no que se atopaba a casa de Castelao.

O Xoves 12 O Consello da Xunta declara a Casa de Castelao en Rianxo Ben de Interese Cultural, Esta declaración recoñece o valor histórico e simbólico da casa e outórgalle o máximo grao de protección prevista na lexislación para o patrimonio cultural.

Ao final as escena simpática das bragas na balconada xa non volvera existir… co graciosa que foi :-D

Orgullo "Estradense"

A continuación unha conversa de msn que me pasou Sabela que é do mellor que lin no que vai de ano:

[Sr x]: eu a estradense non me enorgullecería moito dela…
[Sr x]: non sendo que a contedes como empresa de pompas fúnebres
[Sra y]:  como empresa d antiguidades (ofendida)
[Sra y]: na coruña todos s alegran xq teñen 1 tranvia vello
[Sra y]: en lugo todos s enorgullecen xq teñen 1 muralla vella
[Sra y]: en pontevedra todos contentos d ter 1 cidade q leva a palabra vella no nome
[Sra y]: en ourense todos felices d ter 1s burgas mais vellas ca dios

[Sra y]: pois nos!! nos temos a estradense con buses do paeolitico!!

Dioniso 1 – Denunciante 0

Acaba de resolverse ao seu favor a denuncia interposta a raíz da publicación do seu libro, A IIª República e a Represión franquista no Concello de Cerdedo , malia que a familia denunciante presentou un recurso de apelación á Audiencia Provincial de Pontevedra, o historiador non perde folgos e vai sacar ao prelo un novo traballo baixo o título Canteiros na Terra de Montes no Exército Popular da República o historiador relata as vivencias de Rogelio Arca. Tomando como base o seu diario de guerra e as fotos tiradas polo protagonista dende a fronte de combate.

Finalmente parece e espero que gañe  a opción da recupación da historía e non o ocultismo. Sorte Dionisio.

Máis información: Vieiros

Bobby Fischer , falece aos 64 escaques

O gran mestre do xadrez Bobby Fischer faleceu hoxe aos 64 anos de idade, segundo informou a radio nacional de Islandia. O ex-campión do mundo, de orixe estadounidense e nacionalizado islandés, era un refuxiado político ao estar perseguido no seu país por traizón e faleceu no país no que residía desde o ano 2005. Foi campión do mundo entre 1972 e 1975 despois de imporse na denominada como ‘partida do século’ ao ruso Boris Spassky.

Aqui unha famosa partida do século, que é toda unha beleza:

Continue reading

Ano Cultural na Estrada – Ramon Verea?

Verea - fotoFai unhas semanas o concelleiro de Cultura, dixo que ia desaparecer a idea do ano cultural, haberá personaxes, con certa relevancia social ou cultural, que se merezan eses recoñecementos, pero para iso recorrerase a xornadas concretas, publicacións, homenaxes e actividades.

Segundo dí Obelleiro na voz de Galicia: Aludiu a un escultor e a un inventor. Para min o inventor máis importante e descoñecido da Estrada é Ramon Verea.

Continue reading