Cociña e Gastronomía
...now browsing by category
Abrir unha cervexa cun papel
Mércores, Novembro 11th, 2009O azucre dos alimentos, canto é?
Xoves, Maio 21st, 2009Moitas veces comeume a seguinte pregunta, ¿A cantidade de calorías que ten un alimento, e canto azucre sería?
Navegando atopeime cun blog chamado Sugar Stacks que ten unha recopilacion visual das calorías que conteñen varios alimentos, para iso representas cuns cubos de azucre. Deixovos aquí algún exemplo.

Viejuno
Mércores, Abril 8th, 2009hoxe é o día no que me fago máis vello, un dos videos que me mandaron para recordarmo/felicitarme foi este, de Noe que me encantou moitisimo.
Resumo do Forum Gastronómico 2009 – Girona
Mércores, Marzo 4th, 2009
Despois duns días de inactividade no blog, debido ao axetreo na vida cotía. Retomo o blog no punto que o deixara, o Forum Gastronómico 2009.
O encontro de blogues foi moi interesante, seguiuse a liña marcada fai un ano en Santiago. ¿Que cambiou neste ano? Según Manuel Gago, o número de blogs este ano mantivose. Este ano é o primeiro que esta cifra deixa de medrar, posiblemente sexa debido a aparición de apliacións de redes socias (Facebook, tuenti, ….). Outro cambio salientabel é que os usuarios demandan máis recetas, neste ano incrementouse o número de entradas deste tipo nun 30%.
Os motivos dos éxitos dos blogues gastronómicos seguen sendo os mesmos:
- Independencia na información.
- Gastronomía de proximidade.
- Actualización de prezos, mais frecuente que as guías gastronómicas tradicionais.
[SinglePic not found]
O relatario sobre a fotografía na cociña, foi moi interesante. A evolución que seguiron dende paisaxes do exterior ata facer fotos só no interior. É incríbel o que se pode conseguir so con estos elementos: uns focos, un espello, unhas cartolinas, un par de cristais e un líquido e metacrilato. Mágoa que non teño fotos desta exposición, e que estaba todo concentrado no que alí me contaban.
Realmente quedei sorprendido co “stand” da Xunta de Galiza, vinme para a terra dicindo que ben vendemos os nosos productos. Ali ofrecianse degustacións do máis alto nivel aos visitantes e tamén se lles contaba como era os nosos mares e a excelencia dos productos. Nunca esquecerei a cara engaiolante dos asistentes, era como lles estiveras amosando algo idílico, pero cando o comían as degustacións faciase real. Algunhas das preguntas que me sorprenderon foron:
- Como se coce o marisco ? Para mín pareciame bastante trivial e creo que para calqueira galego, se o marisco está vivo en auga fria senon en auga quente.
- Queda algo do prestige nas costas? Realmente pareceume que sería unha pregunta complexa de responder, pero soubo explicar bastante ben a situacion o responsable da cofradía de Cangas.
Tamén ali coñecin mais en profundidade lonxanet, unha plataforma web que comercializa con pescados e mariscos de calidade suprema. Unha das vantaxes que ofrece é que elimina a cadéa de intermediarios, para elo merca directamente na lonxa. Os pedidos son servidos en menos de 24 horas na túa casa. Gustariame salientar que lonxanet é unha fundación que destina o 50% dos beneficios a actividades sociais, algúns exemplos son:
- A Creación de reservas naturais.
- Axudas e facilidades as familias de mariñeiros.
Noutra entrada adicareille a Volandeira, que probei por primeira vez no Forum.
[SinglePic not found]
Tedes unha entrevista de Pep Palau, director da feira a sies.tv, sobre a súa valoración da feira e no contexto actual de crise.
Solamente me quedei co sabor amargo de non poder asistir ao taller ForumVino: Degustación de chocolates e viños de Malvasia por Josep M. Ribé (Aula Chocovic) e Enric Bartra (enólogo). Para este taller voaron as entradas a fume de carazo, agora hai que esperar ao Forum 2010 en Santiago
¿Cando Foi a última vez que sentiches Bolboretas no estómago?
Comeza o forum gastronómico 2009
Sábado, Febreiro 21st, 2009Onte cheuguei a Girona e pegueime un paseo polos seus lares emblemáticos, comezando a ruta ao redor do rio en dirección ao casco antigo, pasando polas diversas pontes ao carón das casas mirando ao rio.
Dentro do casco antigo destaca a catedral e o laberinto de ruas que conformán a Xudería, na cal viviu unha pequena comunidade ata finais do século XV. Ainda me queda por visitar o “Passeig Arqueològic” e o “Passeig de la Muralla”.
O forum comezou e de momento todo ten moi boa pinta, hoxe as 16 comeza o encontro blogger e todo intrigado co que nos depara. Só comentar que os ordenatas da sala de prensa están bastante pelados no tema de software, teñen Windows XP e o paquete Office. Polo de agora xa lles instalei firefox e opera, un lector de pdf, uns cantos programas para edición fotográfica.
[Gallery not found]Xa temos as fotos ;-D
(Fotos en breve, que os pc’s da sala de prensa non teñen lectores SD)
Viaxe a Girona
Venres, Febreiro 20th, 2009Hoxe voume a Girona para asistir ao Forum Gastronómico.
Este evento é o mellor encontro de bloggers gastronómicos, de todo o estado. O ano pasado xa participei nel e tiven un moi bo gusto. O primeiro encontro (2008) foi en Santiago con unha participación salientable de Manuel Gago, o cal deu unha visión completa e integra das Tecnoloxías da Información no mundo da gastronomía. E este ano que nos depara??? Mais e mellor.
Intentarei contar mais cousas cando comece.
Un día de filloas
Venres, Xaneiro 23rd, 2009Nos días tan grises, o que soiamos facer era xogar ao redor da máxica cociña, e os mellores días era cando tocaba facer algunha larpeirada. Hoxe recordei facer unha larpeirada que me gusta moito, as filloas. Ainda que non eran da pedra.
As filloas son un prato que a día de hoxe descoñezo de proporcións exactas e sempre fago a ollo, e unha fórmula máxica dos sentidos que dís “xa está asi”. Desta vez troquei un pouco e fixen tamén filloas de chocolate e café que nunca antes fixera. O método foi elaborar como é habitual o “almoado” e logo incorporarlle en cada un dos casos os elementos característicos, cantidade?? Pois a ollo e ao gusto de cada un.
As conclusións que saquei foron que a filloas de chocolate danlle un sabor interesante co seu amargor e dulcura a vez, repitereinas seguramente. Todos os compañeiros de piso chuparonse os dedos. As de café non lle atopei o punto exacto, o saben moi pouco a café ou chegán a empalagar demasiado, será interesante seguir investigando.
Como colofón o tradicional e sempre memorable receita das filloas con chourizo da casa, que rico!!!!!
Para aqueles que non puideron gustar destas dozuras, babear vendo as fotos ;-D
[Gallery not found]
Reportaxe: Alimentos transxénicos
Luns, Decembro 15th, 2008Reportaxe sobre a utilización de OMXs nos alimentos. Realizado por un grupo de estudantes como traballo escolar do Instituto de Ensino Secundário nº1 de Ordes.
O traballo inclue entrevistas, así como a visita a un supermercado, e amosanos que é necesaria máis informacióm sobre este tema para concienciar a sociedade galega.
¿Queres comer alimentos transxénicos?
Domingo, Decembro 14th, 2008Os alimentos transxénicos proveñen de organismos vivos nos que se introduciron artificialmente modificacións na súa información xenética. Isto lévase a cabo mediante distintas técnicas dependendo do organismo que se queira modificar. Unha das máis habituais é a utilización de vectores víricos e bacterianos. Neste contexto, un vector é un organismo vivo que engade os xenes que codifican as características para introducir no organismo receptor, e que é quen de integralos no material xenético deste. En teoría, o organismo receptor terá unha característica introducida, pero na práctica os xenes que se integran fano nunha proporción moi baixa. (Por Ex., en óvulos de vaca, só se consegue a integración xenética en un de cada mil).
Nos anos 80 entran neste campo de investigación as compañías agroquímicas e farmacéuticas, acaparando en pouco tiempo unha grande parte da investigación.Esta circunstancia fixo que as investigacións pasaren de estar guiadas por intereses científicos a facéreno por intereses económicos, pasando a rendibilidade a ter tanto ou máis peso có coñecemento.
Dada a relativa novidade destas técnicas, e a pesar da rapidez coa que avanza a ciencia na actualidade, aínda non se ten un coñecemento exacto do funcionamiento do material xenético. E non se sabe con seguridade o que acontece bioquimicamente despois de que o xene novo alleo é enxertado nun xenoma. A seguridade para a saúde humana e ecosistémita aínda está por probar.
A biotecnoloxía, é un instrumento moi poderoso, que trará cambios no noso xeito de entende-lo mundo. Por iso é conveniente pensar en tódalas consecuencias que a aceptación social destas técnicas de maneira indiscriminada poden traer. Tamén é necesario endurece-las normas existentes sobre a liberación e comercialización de organismos manipulados xenéticamente. É necesaria unha moratoria en relación a estes temas ata que os riscos da biotecnoloxía sexan avalados e se impoñan as medidas legais adecuadas para a seguridade de tódolos seres vivos.
Este artigo é un extracto do publicado por Lucía Méndez, no boletín de FEG, TERRA Nº 4
Fonte: www.daiqui.com
