Cousas miñas e outras burradas
TwitterFacebookFlickrLinkedInEmailRSS

As invasoras!

Cortaderia Especie Exótica Invasora

Cortaderia - Especie Exótica Invasora

O sábado 5 participei en Cambre no VI Encontro de Voluntariado do Proxecto Rios, no cal falei do traballo que estamos a realizar dende a Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña coas especies exóticas invasoras.

Seguramente vos pregungades, que é unha planta invasora? É unha especie provinte dunha área xeográfica  diferente se introdúcese de forma intencionada ou accidental nunha área en que se naturaliza, é capaz de reproducirse e propagarse aumentando a súa extensión e afectando dalgunha forma ao ecosistema ao que invade.
O proceso das invasións biolóxicas ten tres fases principais. Na primeira, a especie é transportada, de forma intencionada ou non, a unha zona en que non é nativa. A segunda fase é a aclimatación, fase en que a especie se naturaliza aínda que non experimenta ningunha expansión. A terceira fase

consiste na propagación e colonización de novas zonas por parte da invasora. A escala temporal destas fases é impredicible.

A problemática das invasións biolóxicas é que  ocasionan grandes perdas económicas. Só nun ano, estas invasións causaron un gasto que quintuplica o orzamento da guerra de Iraq e, respecto aos prexuizos ecolóxicos, son a segunda causa de perda de biodiversidade, despois da destrución de hábitats.

Sociedade 2.0

Xornadas Facultade de Informática Sociedade 2.0

O vindeiro xoves 22 na Facultade de Informática da Coruña, organizase un conxunto de palestras sobre a participación da sociedade na internet, para elo contamos con diferentes expertos que nos ofrecerán diferentes enfoques dende o máis  técnico ata a influencia na democracia.

Podedes consultar máis informacion en: http://sociedade2.belay.es

18D ás 20:00, no Obelisco. Por unha informática digna

O próximo día 18 de decembro, tal e como se aprobou na Asemblea de Estudiantes da Facultade de Informática da Universidade da Coruña do pasado mércores, realizarase unha concentración no Obelisco ás 20:00, na que participará Víctor Carneiro, profesor deste centro, dando unha clase de redes, ou algún outro tipo de charla, na propia rúa.

En dita Asemblea acordouse que, para facilitar a asistencia de traballadores a esta concentración, faríase ás 20:00, e dado o cedo que anoitece nesta época do ano, levaríanse velas para facer a concentración máis rechamante e peculiar.

Cartaz: Macías López

Preferencias con xuros

Hoxe navegando pola web da Facultade de Informática de A Coruña, atópome co seguinte paragrafo:

“É conveniente que antes de matricularse no Máster, o alumno interesado se poña en contacto co coordinador para explicarlle o funcionamento do mesmo e orientarlle na elección de optativas segundo os seus xuros.”

Non serían preferencias, ei aqui un claro exemplo de mal emprego do opentrad. Porque en galego os xuros son Diñeiro que produce un capital

O sen sentido, as normas ao reves!!!

Esta imaxen foi sacada hoxe na Aula de Estudo de Riazor (A Coruña) e dí “Estar reunidos, falando ou fumando fóra da aula de estudos ou das escaleiras será motivo de expulsión da aula”

É decir so se podemos falar estar reunidos na aula de estudo para que non nos expulsen dela xDD

100% verídico vinde ata a aula de estudo e quedares sorprendidos xDDD.

Continue reading

CN e o día da morte …

Abraham de Moivre, matemático francés, predixo exactamente a data da súa morte ?
Deuse conta de que cada día dormía 15 minutos máis que o día anterior, a partires deste feito conxeturou que morrería o día que durmiría 24 horas. Ese día, calculado por el mesmo era o 27 de novembro de 1754 e estaba no certo.

Sona a lenda esta historia, pero despois do examen de CN ocorreseme que o tipo este interpolou todos os nodos cun polinomio de Lagrange cunha separacion de 15 minutos e claro ao final calculou o erro dese ultimo nodo que non ten porque foi interpolado, e o erro é cero.

Regulación da Enxeñería informática

Deixovos un video moi bo que reflexiona sobre a regulación informática.

Tamen transcribo unha pregunta que deixaron no blog de campaña de Zapatero nestas eleccións. Regulación Ingeniería Informática

javierUCM propuso esta idea el 28/11/07/ a las 23:08

Quería saber si hay alguna intención de que el PSOE, dé el mismo trato a la Ingenieria Informática que al resto de Ingenierías, ya que es la única que no tiene atribuciones, y por tanto no está regulada (por lo que no es convalidada en ningún otro país de la UE). Me planteo esta pregunta pues es de vital importancia que proyectos software como el que realiza las transacciones bancarias, o el que controla el transporte ferroviario, estén supervisados por personas preparadas, al igual que los planos de un edificio están supervisados por un arquitecto, o los de un puente por un ingeniero.

PSOE responde el 13/12/07/ a las 18:36

En esta legislatura el Gobierno de España ha impulsado una profunda reforma de las enseñanzas universitarias con el objetivo de asegurar nuestra plena participación en el Espacio Superior Europeo de Educación Superior. Esta reforma ha de venir acompañada de la definición del espacio profesional asociado a cada una de las diferentes enseñanzas, entre ellas todas las ingenierías. En esa linea se está trabajando y se pretende continuar haciéndolo si el PSOE vuelve a ganar las próximas elecciones de 2008.

A min queda moi claro que a política está moi lonxe de entender o que son as TIC’s e a Informática. A miña conclusión e que somos empregados por eles como elementos de marketing pero que non somos tidos en conta para as decisións de peso.

Tamén vos aconsello que visitedes o blog do Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia e que lle votedes unha visión a entrevista realizada en Código Cero a Leticia Diz (Presidenta do CPETIG). Algunhas cousas que salientaría desta entrevista son:

Continue reading