Cousas miñas e outras burradas
TwitterFacebookFlickrLinkedInEmailRSS

As invasoras!

Cortaderia Especie Exótica Invasora

Cortaderia - Especie Exótica Invasora

O sábado 5 participei en Cambre no VI Encontro de Voluntariado do Proxecto Rios, no cal falei do traballo que estamos a realizar dende a Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña coas especies exóticas invasoras.

Seguramente vos pregungades, que é unha planta invasora? É unha especie provinte dunha área xeográfica  diferente se introdúcese de forma intencionada ou accidental nunha área en que se naturaliza, é capaz de reproducirse e propagarse aumentando a súa extensión e afectando dalgunha forma ao ecosistema ao que invade.
O proceso das invasións biolóxicas ten tres fases principais. Na primeira, a especie é transportada, de forma intencionada ou non, a unha zona en que non é nativa. A segunda fase é a aclimatación, fase en que a especie se naturaliza aínda que non experimenta ningunha expansión. A terceira fase

consiste na propagación e colonización de novas zonas por parte da invasora. A escala temporal destas fases é impredicible.

A problemática das invasións biolóxicas é que  ocasionan grandes perdas económicas. Só nun ano, estas invasións causaron un gasto que quintuplica o orzamento da guerra de Iraq e, respecto aos prexuizos ecolóxicos, son a segunda causa de perda de biodiversidade, despois da destrución de hábitats.

Sociedade 2.0

Xornadas Facultade de Informática Sociedade 2.0

O vindeiro xoves 22 na Facultade de Informática da Coruña, organizase un conxunto de palestras sobre a participación da sociedade na internet, para elo contamos con diferentes expertos que nos ofrecerán diferentes enfoques dende o máis  técnico ata a influencia na democracia.

Podedes consultar máis informacion en: http://sociedade2.belay.es

18D ás 20:00, no Obelisco. Por unha informática digna

O próximo día 18 de decembro, tal e como se aprobou na Asemblea de Estudiantes da Facultade de Informática da Universidade da Coruña do pasado mércores, realizarase unha concentración no Obelisco ás 20:00, na que participará Víctor Carneiro, profesor deste centro, dando unha clase de redes, ou algún outro tipo de charla, na propia rúa.

En dita Asemblea acordouse que, para facilitar a asistencia de traballadores a esta concentración, faríase ás 20:00, e dado o cedo que anoitece nesta época do ano, levaríanse velas para facer a concentración máis rechamante e peculiar.

Cartaz: Macías López

As nosas Músicas de Couso

O vindeiro 14 de Agosto, o festival As Nosas Músicas, organizado pola Asociación A Xesteira de Couso, acada a súa XIII edición.
Tal e como vén sendo habitual en anos anteriores, nesta festa mestúranse sons tradicionais cos de bandas que teñen  como principal cometido chamar á festa e ao baile. Nesta edición, na que volverá a haber zona de acampada e servizo de buses A Estrada – Couso (ida ás 23.00 e á 1.00 e volta ás 4.30 e ao remate da festa) actuarán Serralhe-aí (que gravará o seu disco en directo e contará coa colaboración de múltiples artistas invitados), Vai de Baile (grupo de acompañamento do concurso homónimo do Luar da TVG), Banda Potemkin (gañadores do A Polo Ghit 2006) e Festicultores Troupe (ben coñecidos como tremendos animadores de festas).

Ademais, a festa estará animada por unha representacións dos seráns de Mondariz – Pazos de Borbén. Nas aldeas e lugares destes concellos do interior da provincia de Pontevedra podemos atopar unha festa por que sí, calquera día á tardiña, no serán, e até entrada a noite. Cantar e bailar é o que gusta a esta veciñanza, sobre todo aos mais maiores, que nos alegran e nos entregan un legado de incalculable valor.
Por outra banda, A Xesteira estrea nova páxina web á que se pode acceder dende www.asnosasmúsicas.com como dende www.festadecouso.com. Alí pódese atopar, entre outras cousas, máis información sobre os grupos deste ano ou botarlle un ollo aos carteis dos festivais pasados.

Festigal 2008

Hoxe comeza o Festigal, e serán 48 horas de continua actividade. Nel atoparas os seguintes concertos:

Podes ver os videos destes grupos na canle de youtube do festigal.

Ademais hai actividades no eido do software libre, das letras, da cultura tradicional, do audiovisual, da animación e da maxia (Magos no País das Marabillas). Mais información en www.festigal.com

Esta edición a TVG censurou o anuncio do festigal por considerar que é “publicidade política”, xa que nos últimos segundos do vídeo aparecen unhas imaxes dun bebé cunha bandeira do país coa estrela vermella.

O Festigal é organizado pola Fundación Galiza Sempre e Galiza Nova.

Software Libre na nosa lingua

O vindeiro sábado 31, ás 20 horas, na Aula Multimedia da Biblioteca Municipal, Galiza Nova organiza un acto baixo o título “Software Libre na nosa lingua” e no que contarán coa intervención de Suso Baleato, Coordinador de Mancomún, Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza, un proxecto impulsado pola Consellaría de Innovación e Industria.

Neste acto Suso Baleato explicará en que consiste o Software libre, así como as súas vantaxes a respecto do software privativo, en especial no que atinxe ás lingua minorizadas como a nosa.

O Software Libre, en contra do que moitos poidan pensar non está morto, e de feito dia tras dia facemos uso de ese tipo de aplicacións independentemente da plataforma na que nos movamos: xa sexa redactando un documento ou folla de cálculo con OpenOffice ou navigando pola rede con Firefox, por amosar algúns exemplos.

Todas estás ampliacións libres danos a liberdade de poder adaptarlas para poñelas ao noso gusto, entre elas está o da I18N (Internalización) . A internacionalización é un proceso polo cal se deseña o software para que poida adaptarse a diferentes idiomas e rexións sen necesidade de cambios bruscos / grandes no código.

¿Porque no software libre é máis sinxelo?
Eu basicamente o resumiría en que o SL (Software Libre) non che pon ningún tipo de traba a hora de ter os teus programas en galego mentras o Software Privativo de ante man non cho permite.

Referencia

A XGN tongo fotográfico

Os concursos fotográficos da Xuventude Galiza Net merecen un tribunal de primeira, porque cada vez son máis un timo ou como se dí XGN un “TONGO !!!!!!”, con este tipo de xurados o que xenera é desilusión dos participantes ademáis de conseguir unha imaxen non desexada.

Na XGN existen dous concursos fotográficos un organizado e arbitrado por eles chamado “Descobre Santiago” e outro “Foto XGN” que ten como xurado ao xornal Vieiros.

No Descobre Santiago, teñen como obxetivo que os concursantes deben captar coa súa cámara dixital unha imaxe orixinal, no marco da cidade de Santiago de Compostela. Ademáis disto nas bases do concurso apenas existe información, por non existir nin existe unha lista cos puntos principales que valorará o xurado. Con isto xa teñen a coaedeira para realizar a “Tongada” (a palabra axeitada sería cacicada). Por enriba en ningun dos dous concursos fotográficos non publicaron as imaxenes presentadas polas pantallas como é o habitual nestes encontros e que claramente dame a pensar no oscurantismo deste concurso e tamen do evento.Nesta edición a fotografía agraciada foi a seguinte:

[singlepic=113,320,240,,]

A cal creo que non se axusta nin a temática de “Descobre Santiago” nin é orixinal nin ten a calidade fotográfica necesaria. Eu creo que xusta gañadora debería ser a fotografía de Iván Palleiro Pérez, que é esta

[singlepic=118,320,240,,]

A restantes imaxenes presentadas son as que se amosan a continuación e vos podedes xulgar cal é para vos a mellor, pero creo que claramente non é esa a gañadora. No concuros de Vieiros sucedeu algo semellante.

A miña foto publicada é esta, debería recortala máis e encadrala mellor.

[singlepic=106,320,240,,]

A XGN 2008, apoia o chiki chiki

A historia comeza o venres a noitiña dicindinos a organizacions da XGN se queriamos sair no programa de Buenafuente en Antena3 ¡, na SEXTA, bailando o chiki chiki os 1500 freak’s ali reunidos, e todos a un so berro o dixemos que si, e desta vez non foi o berro de “Tongo”, o macro baile do chiki chik foi grabado hoxe sábado as 23:30. Sairemos entre o luns e o martes no pograma de BFN.

Deixovos un breve video grabado polos irmáns baniela.

[youtube qzMbMaTZep8]

Forum Gastronómico (II)

O segundo día do forum asistin as ponencias de de Megumi Shiozawa e Josep María Kao, donde presentaron unha cociña oriental da forma máis delicada e chea de tradicións, Josep preparou un pato ao estilo Pekín que tiña unha pinta increibel mentras que Megumi Shiozawa un sashimi.

Logo era visita obrigada ir ao relatorio de Marcelo Tejedor e Rodrigo Rozas (La taberna del Zurdo), a opinión persoal é que Marcelo defraudoume enormente coa “Cociña de xoguete”, eu esperaba algo máis interesante e técnico ao que me tiña afeito ver noutros eventos seus, pero a visita valeu a pena porque Rodrigo Rozas presentou unhas tapas increibles nas cales destacarei a que levaba pan de Ouro. Deixovos as imaxenes que valen máis que mil palabras.

[singlepic=53,320,240,,]

 

[singlepic=55,320,240,,]

 

[singlepic=54,320,240,,]