Informática

...now browsing by category

 

Conecto, logo existo… Non conecto, logo insisto.

Domingo, Febreiro 7th, 2010

Fai 2 anos comentaba os problemas que tiña coa conexión da EstradaDixital, dende aquela parecera que se solventara a gran maioria, mais nos últimos meses continuo cos mesmos e algún mais.
O problema non é so o ancho de banda, senon que agora cada 30 minutos caese a conexión…
So decir que me sinto como Enjuto Mojamuto, neste video.

Non é unha inocentada

Sábado, Decembro 26th, 2009

ahora oeso moito “.com” que significa?
non volvas atrás?

Pois isto foi o que escoitou un amigo meu hoxe da boca do seu avó.

Faime gracia que falamos da Galiza do Século XXI, unha sociedade moderna e do coñecemento, como lle explicarían a este avó o que é internet, a firma dixital, a LOPD, a teleadministración,… non teño moitas gañas de escribir pero van estas preguntas:

  • Que entende a xente por fenda dixital?
    Para min non so é a falta de equipamentos e infraestruturas e tamén explicarlle correctamente a xente a utilidade desas infraestruturas.
  • Cando se aplica un proxecto piloto de novas tecnoloxías (aestradadixital), so se ven as infraestruturas pero non se realiza un estudo de como afectou na sociedade. Para cando a estradadixital fai un estudo deste tipo?
  • Porque non chegan as novas tecnoloxías ao rural? Axudarían a evitar o éxodo do rural?

Existe unha fenda dixital que separa ó mundo rural, e pechala non só é un problema de tecnoloxía e de proporcionar máis computadores, radios e teléfonos móviles. Tratar de facer máis accesíbel a información é unha cuestión política e require vontade política, educación e fondos

Como crear unha fotografía 3D

Domingo, Novembro 29th, 2009

Ramoncín chapa o canal de Youtube de “El Jueves”

Xoves, Novembro 12th, 2009

Ramoncín, cantante e ex directivo da Sociedade General de Autores Españois(SGAE), foi o responsable do peche da canle da revista El Jueves en YouTube. O artista denunciara á publicación polas súas continuas burlas no portal de vídeos de Google. YouTube decidiu facer caso ás reclamacións de Ramoncín e pechar a canle. Con todo, a revista asegurou que seguirá colgando contidos audiovisuais a pesar da censura.

Pero El Jueves asegura non conformarse con esta suposta vitoria de Ramoncín. Desde a revista advirten que a canle do Xoves trasládase a Dailymotion e ademais, aseguran que colgarán un vídeo á semana en YouTube para comprobar “canto tempo dura”. Non hai nada como prohibir para difundir máis un contido pola Rede.

Aquí queda o primeiro, realmente moi bo sobre todo a parte final :D

Monopoly City Streets

Martes, Setembro 8th, 2009
Monopoly City

Monopoly City Streets

O Monopoly City Streets é unha aplicación desenrolada por Hasbro e Google, será a nova adaptacion do Monopoly de toda a vida empregando todas as ruas e plazas do Google Maps.

O xogo estrenase mañan 9 de setembro, e veremos a capacidade adictiva que pode ter. O usuario inicia o xogo con tres millons de dólares e podra mercar calqueira rúa de calqueira cidade do mundo, eu xa me pido a Praza do obradoiro :-D .

Teño grande intereses como sera a intelixencia e que opcions permitira facer, no de mesa sempre hai algun que acaba collendo cartos a escondidas da banca, ou alianzas entre xogadores para arruinar ao outro e decir prácticas do oscuro mundo da especulación inmobiliaria.

Maña sera o estreno, e xa deixo por aqui unha captura do grande xogo.

Pensao ben, antes de publicar algo en internet

Mércores, Xuño 24th, 2009

A cara oculta de Facebook

Sábado, Xuño 13th, 2009

Onte estiven en Cuac Fm coas rapazas de Fala Calado, ali preguntaronme pola privacidade e ata que punto eran seguras as redes sociais. Como foi todo un pouco sobre a marcha esquecinme de moitas cousas, pero deixo por aquí un pequeno video titulado “A cara oculta do Facebook”.

Eu despois de ver o video estou prantexando seriamente borrar a miña conta en facebook e nas demais redes sociais.

Podedes escoitar os programas noPodcast Antigo de Fala Calado

Redes Sociais, a privacidade entre dito

Mércores, Maio 27th, 2009

Nunha entrada anterior analicei moitos dos perigos que teñen as redes sociais. Neste caso tocalle a máis popular de todas facebook. Normalmente nesta aplicación só podes ver as fotos dunha persoa que teñas agregada comoa amiga e te autorizara. Pero isto non é seguro ainda que o fagan ver así, pois xa é posible ver as fotos de calqueira persoa ainda que non sexa amig@ ou te teña bloqueado. Este pequeno truquiño atopeino en geektheplanet.net

Este pequeno truquillo (fallo de seguridade) serve para ver as fotos de calqueira e é posibel grazas a API que nos ofrece Facebook, para desenrolar aplicacións. Neste caso concreto podes crear consultas SQL, sobre as bases de datos, e obter as urls dos diferentes albums desa persoa.

Para elo é preciso obter o ID do perfil da persoa a que vamos verlle as súas fotos. Este ID atopase na URL do perfil, normalmente ven neste formato http://www.facebook.com/profile.php?id=xxxxxxxxxx onde xxxxxxxx é o ID do perfil. Unha forma de obtelo e darlle no boto de agregar como amigo, non se vai agregar ainda porque precisa unha confirmación previa para enviar a solicitude de amizade.

A continuación tes os pasos para ver as fotos de calqueira no Facebook.

  • Entra na ferramenta de desenrolo de aplicacións do Facebook
  • Nela tes unha pestaña que di: “Plataforma para Probar API” no lado esquerdo en Formato de resposta elixes Facebook PHP Cliente.
  • Agora mais abaixo en Método elixe fql.query
  • Agora debaixo aparece un campo chamado query, e escribemos a seguinte consulta sql. Pero hai que reemplazar xxxxxxxxxx polo ID do usuario que queres cotillear.

SELECT name, link
FROM album

WHERE owner=xxxxxxxxxx

  • Presiona no botón que dí Método de chamada e do lado dereito vaiche sair un código cun Array, que será semellante a este:
    Array
    (
        [0] => Array
            (
                [name] => Nombre el álbum
                [link] => http://www.facebook.com/album.php?aid=xxxxx&id=xxxxxxxxxx
            )
    )
  • Neste código pode ter varuas URL’s como esta, URL corresponde a un album.
  • A URL que vas a copiar é só a que está en negriña.
  • Pega a URL na barra de direccións do ten navegador e listo, a cotillear en calqueira sitio :-D

Así que agora en diante pensao ben antes de subir fotos privadas ao Facebook porque como podes ver calqueira pode hackear Facebook e ver as fotos.

Protección dos datos persoais

Venres, Maio 22nd, 2009

A Axencia Estatal de Protección de Datos, publicou unha guía bastante resumida e concerto dalgunhas Recomendacións a usuarios de internet, os temas tratados son:

  • Introducción
  • Servicios de Navegación
  • Correo Electrónico
  • Virus, Gusanos y Ataques de Ingeniería Social
  • Comercio y Banca Electrónica
  • Servicios de Mensajería Instantánea y Chats
  • Los Servicios “Peer to Peer”
  • La Telefonía IP
  • Las videocámaras en Internet
  • Los buscadores
  • La Web 2.0.
  • La responsabilidad de los internautas
  • El uso de Internet por menores
  • Competencias de la Agencia Española de Protección de Datos

XGN 2009

Sábado, Abril 4th, 2009

Chegan novas dende Compostela,  a XGN09 comezou este venres a iso das 9 da maña con colas para acreditarse próximas as 2 horas. Ali acudimos o sector friki da Cañoteira (Tosar & Belay brothers), ademáis de diferentes colegas.

Estamos gozando de moitas das actividades que nos están ofrecendo, adicadas a robótica, a seguridade informática, proxeccións e demais frikadas.

Achegamos o vídeo da inauguración oficial desta 10 Xuventude Galiza NET