Cousas miñas e outras burradas
TwitterFacebookFlickrLinkedInEmailRSS

Se eu non podo, el tampouco

O que te descalifica sempre tratará de buscar aliados: falará con outros para envenenalos, porque o envidioso non quere que triunfes. Aprende a escoitar o que a xente di.

Tanto o que envenena como o que te descalifica tratará que non alcances os teus soños e encargarase de boicotear cada un dos teus proxectos. O seu lema é: “Se eu non podo, el tampouco”

Ponlle tapa a tua bolsa, excelente idea

As botellas de plástico volven a ter vida antes de ser tiradas ao caldeiro do lixo. Cantas veces estivemos pelexandonos coas bolsas para cerralas hermeticamente? Pois coa cabeza dunha botella xa está listo.

 

 

1) Cortar unha botella de auga desechable (ou semellante) e manter o pescozo e parte superior, como nas fotos a continuación.

 

 

 

 

 

 

2) Pasar o sobrante da bolsa de plástico a través da boca e roscar
para selar.

 

 

 

 

 

 

A botella está feita para ser hermética, de maneira que a auga non se escapará, o segredo está na parte superior e a tapa roscada!

Fonte: Cadea de correos. Grazas Alex.

 

Despedida

Cheguei coa mochila vacia  e marcho con ela chea de momentos vividos convosco. A nivel individual e persoal sodes marabillosos, e xuntos formades un equipo estupendo do que tiven o gusto de formar parte este medio ano. Moitas grazas polo tempo compartido e por todo o que aprendín ao voso lado. Quédame mágoa de non seguir convosco, pero nestes momentos non pode ser.

Apertas Belay

Avisador de eventos Android – Escritorio

Recentemente merquei un HTC Wildfire e realmente é un móbil moi completo e económico. Dispón dunha integración incrible dos contactos, axenda, facebook, twitter e gmail. Ademáis o Sistema operativo Android realiza unha xestión de recursos e memoria fascinante que lle ofrece unha grande estabilidade ao sistema, para min o móbil perfecto.

Navegando por internet atopeime coa aplicación Android Notifier é unha aplicación que conecta o móbil con Android ao teu escritorio en Linux, Windows ou Mac e fai que che mostre notificacións de todo o que che chegou novo, así sexan mensaxes de texto, chamadas, mensaxes de voz, notificacións de aplicacións, e até os avisos da batería cando se está esgotando.

Esta aplicación é recomendable para quenes botamos miles de horas diante dun PC ou os despistados que deixamos o móbil guindado en calquera sitio da casa.

A instalación é do mais sinxela precisas instalar un cliente no teu PC (existen versións para windows, mac e linux). Logo no teu mobil instalas através do market “Remote Notifier for Android ou este código QR e a configuración non ten complexidade ningunha tes máis informacion na Wiki da aplicación

Hermes

As veces o silencio é a peor mentira, prefiro denunciar ante os personalismos e silencios bondadosos. Estou farto de calar polo cal non vou ser esclavo dos meus silencios e tolerar a falta de humanidade, tolerancia, mentiras, etica, moralidade e a as ansias de poder. Porque a política é algo mais que o poder polo poder….

Resumo 2010 – Fotogalería

Rematase un ano cheo de experiencias positivas e de erros os cales son leccións importantes da vida. Sería complexo resumir en poucas palabras os mellores momentos do ano polo cal optei por facer unha selección de 2 fotos por cada mes. Espero que vos guste.

Prospero Aninovo.

Escribir para quecer

A EGAP ven de lanzar a novidosa iniciativa de publicar o temario e os contidos  de forma gratuita para os procesos selectivos da Xunta de Galiza, sorprendentemente no final da nova dise:

Os temarios non teñen carácter oficial polo que en ningún caso vincularán os opositores ou os tribunais senón que se trata de instrumentos complementarios e contrastados que servirán de apoio e axuda como textos de referencia, pero nunca de forma exclusiva ou excluinte.

Nunha reflexión rápida para que vale que che dean os temarios se non son vinculantes entre as partes, tribunal, administración e opositores?  Como non vai ser oficial algo que eles mesmo publican?  A Xunta de Galiza descoñece o que deben saber @s  seus traballadores/as?

Outra trangallada máis co fin de escribir que se fai moito pero resulta pouco, escribir para quecer…

Polo galego nas redes sociais

Se aínda non es membro doGrupo en Facebook Polo galego nas redes sociais, estamos esperando por ti. Obxectivo: reunir 1.000 persoas dispostas a impulsar o uso do galego nas redes sociais e coordinar accións consuntas para darlle visibilidade ao noso idioma, concitando a atención internacional. Por agora, xa somos case 400 en menos de 4 días, pero aínda necesitamos moita máis xente; un obxectivo esencial é gañar a adhesión de xente nova, usuarios experientes das redes e con potencial multiplicador.