aestradadixital

...now browsing by tag

 
 

Non é unha inocentada

Sábado, Decembro 26th, 2009

ahora oeso moito “.com” que significa?
non volvas atrás?

Pois isto foi o que escoitou un amigo meu hoxe da boca do seu avó.

Faime gracia que falamos da Galiza do Século XXI, unha sociedade moderna e do coñecemento, como lle explicarían a este avó o que é internet, a firma dixital, a LOPD, a teleadministración,… non teño moitas gañas de escribir pero van estas preguntas:

  • Que entende a xente por fenda dixital?
    Para min non so é a falta de equipamentos e infraestruturas e tamén explicarlle correctamente a xente a utilidade desas infraestruturas.
  • Cando se aplica un proxecto piloto de novas tecnoloxías (aestradadixital), so se ven as infraestruturas pero non se realiza un estudo de como afectou na sociedade. Para cando a estradadixital fai un estudo deste tipo?
  • Porque non chegan as novas tecnoloxías ao rural? Axudarían a evitar o éxodo do rural?

Existe unha fenda dixital que separa ó mundo rural, e pechala non só é un problema de tecnoloxía e de proporcionar máis computadores, radios e teléfonos móviles. Tratar de facer máis accesíbel a información é unha cuestión política e require vontade política, educación e fondos

Primeiro Día na Kutruparty

Venres, Decembro 7th, 2007

Despois de durmir unhas poucas horas, hoxe tocoume dar unha charla sobre CMS, concretamente Joomla e Wordpress. Ao final a asistencía algo pírrica pero tamen non me derá conta que hoxe había moite xente que tiña clase ou traballaba, isto de facer ponte faiche perder o norte. Click to continue »