Cousas miñas e outras burradas
TwitterFacebookFlickrLinkedInEmailRSS

Torvalds di: Leopard é unha merda

O fundador de Linux estivo en Melbourne a semana pasada e foi invitado a facer unha análise dos dous sistemas operativos propietarios.
Non creo que teñan os mesmos fallos: creo que Leopard é un sistema moito mellor, pero para programar, o OS X é peor que Windows. O seu sistema de arquivos é unha merda, o que resulta inquietante.

Pois iso o que decía eu aos compañeiros da facultade mac non é para informáticas, está pensado para usuarios. E agora non o dí so Belay senon tamén Torvalds, así que eses profesores que teñen o mac que o tiren que son unha vergonza, sobre todo un en concreto que nos obrigou a cambiar unha práctica porque non rulaba no seu mac book pro.

Apple lanza o servizo de aluger de películas

Apple anunciou o seu servizo de aluguer de películas a través de iTunes e o Apple TV, na que participan todos os principais estudos de cine.iTunes Movie Rentals. Aluguer de películas de Touchstone, MGM, Miramax, Lions Gate, Fox, WB, Walt Disney, Paramount, Universal, Sony,…
2.99 e 3.99 dólares as novidades. Teremos 30 días para comezar a ver a película que aluguemos e logo de comezar, 24 horas antes de que se borre.E para acceder a este novo servizo desde hoxe esta dispoñible iTunes 7.6.