Cousas miñas e outras burradas
TwitterFacebookFlickrLinkedInEmailRSS

A informática é facil…

” Non pido tanto, foder. Eu só quero que os clientes pasen os pedidos por fax, aínda que sexa a boli e automáticamente entren no ordenador, calcule o material necesario, pídao e que pase a fabricación. É ben sinxelo de entender.”

$Xefe, cabreado co informático porque se nega a facer un programa.

“Eu tampouco pido tanto. Un día. Un día sen escoitar gilipolleces”

$informatico, bastante ata os ovos

Similitudes entre Internet e os Homes

  1. Pode estar caída ou funcionando. Sempre é máis divertida cando está funcionando, pero tamén che dificulta terminar calquera outro traballo.
  2. No pasado distante era utilizada co único propósito de transmitir información vital para supervivencia da especie. Hai xente que pensa que debe usarse só para iso, pero a maioría da xente úsa para divertirse a maioría do tempo.
  3. É un instrumento ameno para interactuar con outras persoas.
  4. Se non se toman as medidas necesarias, é probable que poida transmitir algún que outro virus.
  5. Unha vez empezas a xogar con ela, non podes parar.
  6. Sempre custa diñeiro usala.
  7. Algúns a usan, outros non.
  8. Algunhas persoas estarán devastadas se algún día chéganllas a quitar.
  9. É unha forma de matar tempo, cando non tes nada que facer.
  10. É Plug&Play.

Visto en humor orange

Eres bo coa tecnoloxía? Sufres "el Don"?

Scott Adams é autor das tiras cómicas de Dilbert. O humor Scott Adams é moi particular, xa que se basa nos inexplicables tópicos nos ambientes de traballo, os xefes e os elementos similiares. Non hai máis que observar El principio de Dilbert, de Scott Adams (parodia del Principio de Peter):

“As compañías tenden a ascender sistemáticamente aos seus empregados menos competentes a cargos directivos para limitar así a apreciación do dano que son capaces de provocar.

No capítulo 9 (El don) da primera tempada da serie Dilbert, podes ver un pequeño sketch bastante cómico que fai alusión a a «desgraza» que sufrirán as persoas que crecen con boas aptitudes tecnolóxicas.

Non ten desperdicio

Torvalds di: Leopard é unha merda

O fundador de Linux estivo en Melbourne a semana pasada e foi invitado a facer unha análise dos dous sistemas operativos propietarios.
Non creo que teñan os mesmos fallos: creo que Leopard é un sistema moito mellor, pero para programar, o OS X é peor que Windows. O seu sistema de arquivos é unha merda, o que resulta inquietante.

Pois iso o que decía eu aos compañeiros da facultade mac non é para informáticas, está pensado para usuarios. E agora non o dí so Belay senon tamén Torvalds, así que eses profesores que teñen o mac que o tiren que son unha vergonza, sobre todo un en concreto que nos obrigou a cambiar unha práctica porque non rulaba no seu mac book pro.