Cociña e Gastronomía

...now browsing by tag

 
 

Abrir unha cervexa cun papel

Mércores, Novembro 11th, 2009

Resumo do Forum Gastronómico 2009 – Girona

Mércores, Marzo 4th, 2009















Despois duns días de inactividade no blog, debido ao axetreo na vida cotía. Retomo o blog no punto que o deixara, o Forum Gastronómico 2009.

O encontro de blogues foi moi interesante, seguiuse a liña marcada fai un ano en Santiago. ¿Que cambiou neste ano? Según Manuel Gago, o número de blogs este ano mantivose. Este ano é o primeiro que esta cifra deixa de medrar, posiblemente sexa debido a aparición de apliacións de redes socias (Facebook, tuenti, ….). Outro cambio salientabel é que os usuarios demandan máis recetas, neste ano incrementouse o número de entradas deste tipo nun 30%.

Os motivos dos éxitos dos blogues gastronómicos seguen sendo os mesmos:

  • Independencia na información.
  • Gastronomía de proximidade.
  • Actualización de prezos, mais frecuente que as guías gastronómicas tradicionais.

[SinglePic not found]













O relatario sobre a fotografía na cociña, foi moi interesante. A evolución que seguiron dende paisaxes do exterior ata facer fotos só no interior.  É incríbel o que se pode conseguir so con estos elementos:  uns focos, un espello, unhas cartolinas, un par de cristais e un líquido e metacrilato.  Mágoa que non teño fotos desta exposición, e que estaba todo concentrado no que alí me contaban.

Realmente quedei sorprendido co “stand” da Xunta de Galiza,  vinme para a terra dicindo que ben vendemos os nosos productos. Ali ofrecianse degustacións do máis alto nivel aos visitantes e tamén se lles contaba como era os nosos mares e a excelencia dos productos.  Nunca esquecerei a cara engaiolante dos asistentes, era como lles estiveras amosando algo idílico, pero cando o comían as degustacións faciase real. Algunhas das preguntas que me sorprenderon foron:

  • Como se coce o marisco ? Para mín pareciame bastante trivial e creo que para calqueira galego, se o marisco está vivo en auga fria senon en auga quente.
  • Queda algo do prestige nas costas? Realmente pareceume que sería unha pregunta complexa de responder, pero soubo explicar bastante ben a situacion o responsable da cofradía de Cangas.

Tamén ali coñecin mais en profundidade lonxanet, unha plataforma web que comercializa con pescados e mariscos de calidade suprema. Unha das vantaxes que ofrece é que elimina a cadéa de intermediarios, para elo merca directamente na lonxa. Os pedidos son servidos en menos de 24 horas na túa casa. Gustariame salientar que lonxanet é unha fundación que destina o 50% dos beneficios a actividades sociais, algúns exemplos son:

  • A Creación de reservas naturais.
  • Axudas e facilidades as familias de mariñeiros.

Noutra entrada adicareille a Volandeira, que probei por primeira vez no Forum.

[SinglePic not found]














Tedes unha entrevista de Pep Palau, director da feira a sies.tv, sobre a súa valoración da feira e no contexto actual de crise.

Solamente me quedei co sabor amargo de non poder asistir ao taller ForumVino: Degustación de chocolates e viños de Malvasia por Josep M. Ribé (Aula Chocovic) e Enric Bartra (enólogo). Para este taller voaron as entradas a fume de carazo, agora hai que esperar ao Forum 2010 en Santiago

¿Cando Foi a última vez que sentiches Bolboretas no estómago?

Un día de filloas

Venres, Xaneiro 23rd, 2009
[SinglePic not found]Nestes días de temporal e aburrimento o único que apetece e estar na casiña. Entroume algo de melancolía da miña infancia, os  días de inverno nos cales estaba ao redor da estufa de leña ou da cociña de leña na aldea. Esas horas que pasabas con esa calor mansa e agradable que te tornaba do afiado e bravo frío do exterior.

Nos días tan grises, o que soiamos facer era xogar ao redor da máxica cociña, e os mellores días era cando tocaba facer algunha larpeirada. Hoxe recordei facer unha larpeirada que me gusta moito, as filloas. Ainda que non eran da pedra.

As filloas son un prato que a día de hoxe descoñezo de proporcións exactas e sempre fago a ollo, e unha fórmula máxica dos sentidos que dís “xa está asi”. Desta vez troquei un pouco e fixen tamén filloas de chocolate e café que nunca antes  fixera. O método foi elaborar como é habitual o “almoado” e logo incorporarlle en cada un dos casos os elementos característicos, cantidade?? Pois a ollo e ao gusto de cada un.

As conclusións que saquei foron que a filloas de chocolate danlle un sabor interesante co seu amargor e dulcura a vez, repitereinas seguramente. Todos os compañeiros de piso chuparonse os dedos. As de café non lle atopei o punto exacto, o saben moi pouco a café ou chegán a empalagar demasiado, será interesante seguir investigando.

Como colofón o tradicional e sempre memorable receita das filloas con chourizo da casa, que rico!!!!!

Para aqueles que non puideron gustar destas dozuras, babear vendo as fotos ;-D

[Gallery not found]

O grelo é anticanceríxeno

Venres, Novembro 28th, 2008

A horta galega encerra un grande potencial saudable. Acábase de demostrar que o grelo e a nabiza teñen propiedades anticanceríxenas e antioxidantes. A clave está na presenza dunhas sustancias denominadas glucosinolatos, que ademais de proporcionar o sabor amaro característico destas plantas son tamén as que gardan as súas propiedades saudables. O alto valor nutricional e a súa achega como axente anticanceríxeno e antioxidante comprobouse nun estudo da Misión Biolóxica de Galiza do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). O traballo analiza como as características climatolóxicas condicionan as propiedades agronómicas e as características organolépticas (textura ou sabor) e como as diferentes técnicas de cociñado afectan ás propiedades nutritivas destas verduras.

A principal conclusión do estudo é que “as nabizas e os grelos son alimentos funcionais”, o que supón que a súa composición é beneficiosa para a saúde en determinados aspectos, segundo explica Pablo Velasco, da Misión Biolóxica. Este equipo centrouse nestes dous produtos porque “é o cultivo que pode ter máis interese para o consumidor galego e de fóra da Galiza”.

Segundo o investigador, existen numerosos estudos que vinculan o consumo deste tipo de plantas coa menor incidencia de diversos tipos de cancro, así como traballos in vitro e en vivo que demostran o efecto anticanceríxeno dos isotiocianatos, produtos de degradación dos glucosinatos.

Os grelos e as nabizas teñen, ademais, un alto contido en calcio, o que os converte en especialmente recomendables para as persoas que sofren de osteoporose. Neste contexto tamén supoñen unha alternativa adecuada para as persoas que padecen intolerancia á lactosa e non poden tomar leite, como fonte xeradora de calcio para a protección dos ósos.

Outro dos beneficios para a saúde que presentan estes vexetais radica nas súas propiedades antioxidantes, que se derivan da vitamina C que proporcionan ao organismo.

Fonte: mundogaliza

Ovos con chourizos pero non son nin ovos nin chourizo

Sábado, Novembro 1st, 2008

A través do blog de colineta , descobrin este video  con unha receita de Xosé Canna. Onde “simula” uns ovos fritos con chourizo con seguintes ingredientes  Iogur, coulis de mango, mango e fresas.

Unha magoa que o vídeo teña baixa calidade, pero serve para sorprendernos igualmente.

A imaxinación non ten límites!!!

Como pelar unha gamba

Venres, Maio 30th, 2008


Como pelar una gamba facilmente

Hoxe comemos g por x??

Sábado, Maio 10th, 2008

Onte venres fun a comer a Facultade de Económica e Empresas da UDC, e como sempre que vou o primeiriño que fago é ver o menú que sorpresa que nos depara, porque sempre teñen algunha cousa que non coñezo ( xD) como hoxe que teñen “Berengena” se vos fixades o menú comeza en galego e despois pásase ao castelán, e donde está o punto de inflexión galego ao castelán ? Pois moi sinxelo na liña “Berengena Gratinada” porque en galego sería Berenxena e en castelán sería Berenjena. O máis estrano é que cando vimos nos eso quedamos abraiados con aquel termo Coruño e que xa era unha hora bastante tarde e ninguén se percatara dese erro nin tomara laboura por arranxalo.

Despois tocou pasar polos mostradores e alí sempre teñen tódolos días ensalada, que soe ser o que collo pero para miña sorpresa era a mesma ensalada do mércores, xoves e de hoxe (venres). Non sei como se atreven a por sempre a mesma leituga onde se ve claramente que esta oxidada e con algunha leituga media murcha. Pena de non ter unha foto que saira ben a leituga xD.

Logo os callos máis ben parecía unha sopa de de garanbazos e a pescada tiña un alí un aspecto un pouco a cocida indescriptible que decia non me comas. O arroz con albóndegas pois nada máis que decir que era arroz con sal e un pouco cocido sen mais aquel, e que non me atrevería a tomar as albóndegas despois da última experiencia que tiven alí con elas que parecían unhas bolas de carne irrompibles e cun saborcillo a rancio.

Ao final tomei unhas as berenxenas e unhas milanesas con patacas fritidas (xa que se agotaran as pescadas), as patacas estaban algo refritidas, o de refritidas refirome a cando as friten primeiramente e non chegan ao punto exacto de coción e logo volvenas ao aceite para sacar para fora as patacas quentes, o problema e cando repites esta operación e volves refritir entón xa imos a ter as patacas que escapan polo planto cando as queres coller co garfo.

Con todo isto a cafetería de ADE (económicas) e das que mellor preparan a comida segun a xente que eu coñezo e pola cantidade de xente que ten, a miña pregunta é ¿a xente sabe ben o que é a comida? non é só o feito de tapar un oco no estómago ou unha necesidade biolóxica. Outra reflexión se o servizo da cafetería ten uns prezos reducidos respecto doutros lugares é porque reciben unha axuda económica da propia universidade, non deberiamos os alumnos poder evaluar este servizo nas enquisas que nos fan, sobre os profesores, o servizo da biblioteca, …

Novo Blog!

Martes, Maio 6th, 2008

Pois como armadanzas da web da miña nai (Elena F Baloira) comento alguns aspectos técnicos do blog. O blog esta instalado coa tecnoloxía de wordpress e decir funciona baixo un servidor LAMP que é o acronónimo dun conxunto de subsistemas:

  • L = Linux Sistema Operativo
  • A= Apache Servidor Web
  • M= MySql , xestor de base de datos.
  • P = das linguaxes de programación, PHP, Perl, Python.

No tema dos dominios seguimos dispoñendo do elenafbaloira.info e tamen agregamos o elenafbaloira.es que se direccionan ao mesmo sitio. Ademáis dispoñemos do subdominio webanterior.elenafbaloira.es que direcciona a antiga web.

E o máis importante a ligazón ao RSS é esta.

Decoracións de platos para cativos.

Luns, Abril 28th, 2008

Hoxe touco un asunto que a miña nai lle interesa bastante que son as decoracións dos pratos pensadas para os rapaces máis pequenos da casa. Aquí vai unha recua de fotos que me pareceron interesantes.

A primeira delas é algo freak, xa podedes comer a tux. xDD

A guerra da comida

Martes, Abril 8th, 2008

O outro día buscando videos en youtube atopeime con ese corto, chamado na versión orixinal Food Fight. Recrea as guerras que participou os Estados Unidos de América dende a segunda gerra mundial.

Este espectacular traballo de animación foi realizado por Stefan Nadelm, alguns dos alimentos que se empregan para representar as guerras son os pretzel e a salchicha representan á Alemania nazi, o sushi a Xapón… e claro a hamburgesa y os nuggets a Estados Unidos.

A lista completa está disponibel neste sitio.