Cousas miñas e outras burradas
TwitterFacebookFlickrLinkedInEmailRSS

XGN 2009

Chegan novas dende Compostela,  a XGN09 comezou este venres a iso das 9 da maña con colas para acreditarse próximas as 2 horas. Ali acudimos o sector friki da Cañoteira (Tosar & Belay brothers), ademáis de diferentes colegas.

Estamos gozando de moitas das actividades que nos están ofrecendo, adicadas a robótica, a seguridade informática, proxeccións e demais frikadas.

Achegamos o vídeo da inauguración oficial desta 10 Xuventude Galiza NET

Palestina sobrevive

Están convocados os seguintes actos no pais:

  • Convocan a unha “MARCHA DAS CANDEAS”, este venres ás 20:00h no Obelisco, para partir cara a Praza María Pita con candeas acesas en solidariedade con Gaza.
  • A MANIFESTACIÓN NACIONAL CON PALESTINA do vindeiro domingo 18, ás 12h dende a Alameda de Compostela, ten que ser masiva.

Recomendovos ver o video realmente reflexivo sobre a situación actual.


VIDA PARA PALESTINA from POLBOGRAPHIX on Vimeo.

Video Via: bretemas

¿Queres comer alimentos transxénicos?

Os alimentos transxénicos proveñen de organismos vivos nos que se introduciron artificialmente modificacións na súa información xenética. Isto lévase a cabo mediante distintas técnicas dependendo do organismo que se queira modificar. Unha das máis habituais é a utilización de vectores víricos e bacterianos. Neste contexto, un vector é un organismo vivo que engade os xenes que codifican as características para introducir no organismo receptor, e que é quen de integralos no material xenético deste. En teoría, o organismo receptor terá unha característica introducida, pero na práctica os xenes que se integran fano nunha proporción moi baixa. (Por Ex., en óvulos de vaca, só se consegue a integración xenética en un de cada mil).

Nos anos 80 entran neste campo de investigación as compañías agroquímicas e farmacéuticas, acaparando en pouco tiempo unha grande parte da investigación.Esta circunstancia fixo que as investigacións pasaren de estar guiadas por intereses científicos a facéreno por intereses económicos, pasando a rendibilidade a ter tanto ou máis peso có coñecemento.

Dada a relativa novidade destas técnicas, e a pesar da rapidez coa que avanza a ciencia na actualidade, aínda non se ten un coñecemento exacto do funcionamiento do material xenético. E non se sabe con seguridade o que acontece bioquimicamente despois de que o xene novo alleo é enxertado nun xenoma. A seguridade para a saúde humana e ecosistémita aínda está por probar.

A biotecnoloxía, é un instrumento moi poderoso, que trará cambios no noso xeito de entende-lo mundo. Por iso é conveniente pensar en tódalas consecuencias que a aceptación social destas técnicas de maneira indiscriminada poden traer. Tamén é necesario endurece-las normas existentes sobre a liberación e comercialización de organismos manipulados xenéticamente. É necesaria unha moratoria en relación a estes temas ata que os riscos da biotecnoloxía sexan avalados e se impoñan as medidas legais adecuadas para a seguridade de tódolos seres vivos.

Este artigo é un extracto do publicado por Lucía Méndez, no boletín de FEG, TERRA Nº 4

Fonte: www.daiqui.com

Himno de Galiza, versión beatbox

Carlos Gende é de Cerceda, ten 23 anos e é estudante de Telecomunicacións na Universidade de Vigo. Até aquí, nada especialmente sorprendente. Pero o que ten de particular é que gañou o concurso 3, 2, 1… click da Concellaría de Xuventude de Vigo cunha intepretación do Himno mediante beatbox, unha técnica actualmente vencellada ao hip-hop e que se caracteriza por realizar todo o acompañamento instrumental coa propia voz.

Fonte: Vieiros

25 de Xullo

Por todos é coñecido que hoxe é o día da patria pero tamén esta ben saber que hoxe por ser o último venres de Xullo festéxase o Día do Administrador de Sistemas ou “System Administrator Appreciation Day” así que se es algún tipo de administrador de sistemas, correo, bases de datos ou informática en xeral, ¡Felicidades! E se non o es, o mellor que podes facer hoxe é achegarche a calquera quen faga ese papel na túa empresa ou grupo e tirarlle das orellas. Felicidades a todos os membros da aestradaDixital ;-D

A XGN tongo fotográfico

Os concursos fotográficos da Xuventude Galiza Net merecen un tribunal de primeira, porque cada vez son máis un timo ou como se dí XGN un “TONGO !!!!!!”, con este tipo de xurados o que xenera é desilusión dos participantes ademáis de conseguir unha imaxen non desexada.

Na XGN existen dous concursos fotográficos un organizado e arbitrado por eles chamado “Descobre Santiago” e outro “Foto XGN” que ten como xurado ao xornal Vieiros.

No Descobre Santiago, teñen como obxetivo que os concursantes deben captar coa súa cámara dixital unha imaxe orixinal, no marco da cidade de Santiago de Compostela. Ademáis disto nas bases do concurso apenas existe información, por non existir nin existe unha lista cos puntos principales que valorará o xurado. Con isto xa teñen a coaedeira para realizar a “Tongada” (a palabra axeitada sería cacicada). Por enriba en ningun dos dous concursos fotográficos non publicaron as imaxenes presentadas polas pantallas como é o habitual nestes encontros e que claramente dame a pensar no oscurantismo deste concurso e tamen do evento.Nesta edición a fotografía agraciada foi a seguinte:

[singlepic=113,320,240,,]

A cal creo que non se axusta nin a temática de “Descobre Santiago” nin é orixinal nin ten a calidade fotográfica necesaria. Eu creo que xusta gañadora debería ser a fotografía de Iván Palleiro Pérez, que é esta

[singlepic=118,320,240,,]

A restantes imaxenes presentadas son as que se amosan a continuación e vos podedes xulgar cal é para vos a mellor, pero creo que claramente non é esa a gañadora. No concuros de Vieiros sucedeu algo semellante.

A miña foto publicada é esta, debería recortala máis e encadrala mellor.

[singlepic=106,320,240,,]

O colante GZ e perseguido

A formación que reciben os Gardas Civiles aconsellase que tomen os datos dos vehículos que leven o adhesivo GZ. Según di o Movemento polos Dereitos Civís (MpDC), isto ocorreu nun curso para os membros do corpo en Pontevedra. Os distintivos sospeitosos son:

  • GZ
  • Unha bandeira galega coa estrela vermella
  • O escudo de Castelao coa lenda “antes mortos que escravos”.

Continue reading