Cousas miñas e outras burradas
TwitterFacebookFlickrLinkedInEmailRSS

Orgullo "Estradense"

A continuación unha conversa de msn que me pasou Sabela que é do mellor que lin no que vai de ano:

[Sr x]: eu a estradense non me enorgullecería moito dela…
[Sr x]: non sendo que a contedes como empresa de pompas fúnebres
[Sra y]:  como empresa d antiguidades (ofendida)
[Sra y]: na coruña todos s alegran xq teñen 1 tranvia vello
[Sra y]: en lugo todos s enorgullecen xq teñen 1 muralla vella
[Sra y]: en pontevedra todos contentos d ter 1 cidade q leva a palabra vella no nome
[Sra y]: en ourense todos felices d ter 1s burgas mais vellas ca dios

[Sra y]: pois nos!! nos temos a estradense con buses do paeolitico!!

Dioniso 1 – Denunciante 0

Acaba de resolverse ao seu favor a denuncia interposta a raíz da publicación do seu libro, A IIª República e a Represión franquista no Concello de Cerdedo , malia que a familia denunciante presentou un recurso de apelación á Audiencia Provincial de Pontevedra, o historiador non perde folgos e vai sacar ao prelo un novo traballo baixo o título Canteiros na Terra de Montes no Exército Popular da República o historiador relata as vivencias de Rogelio Arca. Tomando como base o seu diario de guerra e as fotos tiradas polo protagonista dende a fronte de combate.

Finalmente parece e espero que gañe  a opción da recupación da historía e non o ocultismo. Sorte Dionisio.

Máis información: Vieiros