Cousas miñas e outras burradas
TwitterFacebookFlickrLinkedInEmailRSS

Photoshop web e gratis

Facia tempo Adobe proemetara unha versión de Photoshop Online e agora xa está aquí e é gratis. O nome desta versión é Photoshop Express que se atopa en vesión beta e so precisas ter instalado o plugin de Flash Player no teu navegador.

ps_logo_238x54.gif

 

Ademáis  Photoshop Express ofrece almacenamento gratis de 2 GB para que gardes as túas fotos online.

Ligazón a Adobe Photoshop Express beta.

Similitudes entre Internet e os Homes

  1. Pode estar caída ou funcionando. Sempre é máis divertida cando está funcionando, pero tamén che dificulta terminar calquera outro traballo.
  2. No pasado distante era utilizada co único propósito de transmitir información vital para supervivencia da especie. Hai xente que pensa que debe usarse só para iso, pero a maioría da xente úsa para divertirse a maioría do tempo.
  3. É un instrumento ameno para interactuar con outras persoas.
  4. Se non se toman as medidas necesarias, é probable que poida transmitir algún que outro virus.
  5. Unha vez empezas a xogar con ela, non podes parar.
  6. Sempre custa diñeiro usala.
  7. Algúns a usan, outros non.
  8. Algunhas persoas estarán devastadas se algún día chéganllas a quitar.
  9. É unha forma de matar tempo, cando non tes nada que facer.
  10. É Plug&Play.

Visto en humor orange

Ferramentas para montar a túa propia canle de TV por internet

Fai algúns anos o pensar en transmitir video por internet era algo moi caro e difícil, pero agora ademais de ser gratis é moi fácil con algunhas ferramentas que existen actualmente e que vou comentar enseguida:

  • Kyte, con kyte podes subir videos á túa canle de de televisión, os videos pódelos subir desde o teu teléfono celular, por medio de correo electrónico ou directamente desde a páxina, ademais podes personalizar a canle co teu propio logo e a canle pode ser insertado no teu sitio web cun código que che facilitan e dispós dun chat para falar cos teus televidentes en tempo real.

  • WorldTV, este é un sitio que che permite subir videos, ordealos nunha lista de reprodución e logo crear a túa canle, os videos pódense ver desde o navegador e en pantalla completa, podes rexistrarche aquí e empezar.
  • Loomtv, en genbeta comentan que é unha aplicación de escritorio, desenvolvida para Windows e Mac VOS X en formato flash, que nos trae un reproductor de vídeos no que dispoñemos dunha serie de canles temáticos divididos por categorías, onde podemos ver os vídeos que conteñen, coa posibilidade de poder crearnos as nosas propias canles, engadíndolos dentro de calquera categoría, e engadir neles outros vídeos.
  • Ustream, este servizo é o máis popular de todos e permíteche transmitir video en directo desde o teu webcam e poder visualizado no navegador dos espectadores, eles podes deixar comentarios, participar nun chat en tempo real e obter un código para insertar a túa canle de TV nos seus sitios web, entra a ustream.com
  • Outras alternativas son mogulus, Brightcove e BlogTV.

Como ves agora ter a túa propia canle de TV por internet é fácil, desde transmitir video en vivo ou unha “TV On Demand” (baixo demanda) cunha videoteca predeterminada, ¿coñeces outros servizos? dime cales?

Microsoft vs Google

google_vs_microsoft.jpgGoogle reaccionou á oferta de Microsoft para mercar o seu rival Yahoo afirmando que a compañía de Bill Gates rompe os principios do negocio. Nunha carta escrita polo vicepresidente de Google, David Drummond, afirma que o anuncio de Microsoft vai contra a apertura e a innovación, que deben predominar na rede, e pregúntase se Microsoft vai exercer na internet unha influencia “inapropiada e ilegal” como no mercado dos computadores.

Pola súa banda, Yahoo afirmou que a oferta de compra “non solicitada” será estudada polo seu Consello de Administración. Polo momento, xa está a considerar unha alianza con Google para facerlle fronte á proposta de Microsoft e, en calquera caso, conseguir que aumente a súa oferta de 30.000 millóns de euros.

Pero a cuestión é que non só estan estes no mundo de internet e da informática existe outras grandes empresas como IBM , SUN , … que poderían estar interesadas en entrar no negocio da internet. Por desgraza cada vez o espazo de internet estase a reducir a duelo entre 2 empresas e necesario a entrada de máis empresas e máis inovación.

Navegación anónima (II)

Anteriorme xa tratei o asunto da navegación anonima neste entrada.

Un proxy é unha computadora, programa ou dispositivo que serve como ponte para conectar con outra computadora, deste xeito o sitio web que queremos visitar crerá que está sendo visitado pola outra computadora e non por ti, existen algúns servizos de proxys anónimos e algúns deles gratis, a lista é a seguinte:

Unha das desventaxas destes servizos e  que a navegación é algo máis lenta.

Freemium

Existe un modelo de negocio que ultimamente gañou moita popularidade sobre todo coas compañías relacionadas coa Web 2.0, consiste en ofrecer servizos básicos gratuítos, e por outros servizos máis avanzados ou especiais cóbrase. A palabra freemium é un acrónimo creado de combinar os dous aspectos do modelo de negocio: “free” (gratuíto) e “premium”. O modelo de negocios foi acuñado por primeira vez polo investidor Fred Wilson en marzo do 2006.

Algúns exemplos son: Continue reading

Navegación anónima

InternetCando navegas por Internet, o sitio que visites anotará a túa dirección IP, dato que en unión das peticións rexistradas por un proxy serán suficientes para coñecer quen realizou que petición e a que hora.

Para obviar estes rexistros e navegar anonimamente hai que utilizar un servizo web de anonimato, que son uns servidores que recollen as peticións, as reexpiden ao servidor solicitado, reciben a resposta e envíancha, co que o web visitado rexistra a dirección IP do servidor anónimo e non a túa. É simple.

Estos son algúns dos servidores anónimos: Continue reading