Cousas miñas e outras burradas
TwitterFacebookFlickrLinkedInEmailRSS

O Neo FreeRunner, será o mellor mobil ??

O 4 de xullo sae á venda nos EUA o primeiro móbil completamente libre, que non de balde. O Neo FreeRunner é completamente personalizábel e modificábel, por estar baseado na plataforma OpenMoko.

O aparello leva como sistema operativo GNU/Linux e, aínda que só inclúe software básico para facer chamadas, enviar e recibir mensaxes e manexar contactos, permite que os usuarios creen e instalen as súas propias aplicacións. Así, haberá actualizacións do software do teléfono, como unha no mes de agosto que prevé incluír servizos de localización.

Non só é libre o seu software, senón tamén o seu software, polo que están dispoñíbeis os deseños para poder fabricar carcasas personalizadas, no caso de que algúen teña interese e capacidade para facelo.

O teléfono véndese a 399 dólares (255 euros) na web de OpenMoko e, evidentemente, está liberado para o seu uso con calquera operador. Dispón de pantalla táctil, wi-fi, GPS, sensores de movemento para axustar a visualización segundo a posición do teléfono, bluetooth e entrada de tarxetas microSD. Non ten, porén, cámara de fotos.

Fonte: Vieiros

Linus Torvalds candidato ó "Principe de Asturias"

Foto de Linux Torvalds

Entérome vía GLUG de que Linus Benedict Torvalds autor inicial e cabeza do desenrrolo do kernel do sitema operante GNU/Linux, foi proposto como candidato ó Principe de Asturias de Investigación Científica e Técnica 2008.

Nese senso Torvalds terá que competir ó menos con 42 persoas ou organizacións, entre os cales está o científico británico James Lovelock, que lanzou a “teoría Gaia” que establece que a Terra funciona coma un organismo vivo, que tamén foron propostas para a XXVIII edición dos prestixiosos premios, un dos económicamente mellor dotados do mundo.

Un xurado está composto principalmente por científicos ós que se unen catedráticos, políticos e directivos (esperemos que non de M$) da industria decidirá o gañador cuxos premios serán entregados en outubro.

Torvalds di: Leopard é unha merda

O fundador de Linux estivo en Melbourne a semana pasada e foi invitado a facer unha análise dos dous sistemas operativos propietarios.
Non creo que teñan os mesmos fallos: creo que Leopard é un sistema moito mellor, pero para programar, o OS X é peor que Windows. O seu sistema de arquivos é unha merda, o que resulta inquietante.

Pois iso o que decía eu aos compañeiros da facultade mac non é para informáticas, está pensado para usuarios. E agora non o dí so Belay senon tamén Torvalds, así que eses profesores que teñen o mac que o tiren que son unha vergonza, sobre todo un en concreto que nos obrigou a cambiar unha práctica porque non rulaba no seu mac book pro.

Whitebeam, unha alternativa a LAMP

Whitebeam é unha tecnoloxía madura e libre (licenza BSD) que vén de acadar a súa versión 1.1.5.

WhitebeamCombina XML e JavaScript con PostgreSQL para que o teu servidor forneza aplicacións ricas en funcionalidades co que se convertir nunha sólida alternativa á LAMP (Linux/mySQL/PHP).

 

Podes obter este software en SourceForge, acceder a ler a súa abundante documentación desde a páxina principal de Whitebeam e ollar en que basea a súa tecnoloxía. Continue reading

Super Grub Disk 0.9642

Atópase dispoñible a versión 0.9642 de Super Disco Grub ou Grub Super Disk, aplicación orientada ao rescate de sistemas: arranque e/ou restauración de arranques, ou o que é o mesmo un simple disco Grub ao cal engadir menús con opcións habituais sen necesidade de usar comandos, que se presenta en diferentes formatos autoarrancables, nun disquete ou nun cdrom ou nun usb e que permite entre outras cousas:

    Continue reading

    Instalar as X en Debian

    Pois hoxe andiben a instalar a debian e despisteime e non instalei o entorno gráfico polo cal aprobeito para deixar aqui un pequeno manual de como facelo.
    Nota debes ser usuario root. A recetiña é a seguinte:

    1. # apt-get install x-window-system
    2. # apt-get install gnome-core
    3. # apt-get install gdm (Con isto instalas un prompt login para as X )
    4. # /etc/init.d/gdm start (Inicia o Display Manager)
    5. A meter o login e contraseña xa está, quen decia que ia ser dificil xDD

    Se X falla e aparece unha fiestra de texto, escolle non configurar X. Estuda coidadosamente o arquivo /var/log/Xorg.0.log. Este arquivo de rexistro pode darche ideas de que compoñente de X está mal configurado (dispositivo, rato, monitor, frecuencias de varrido, teclado, memoria, etc.). En particular, fíxache na liñas que comezan con (EE), que indican un erro. Volve a Instalación e configuración de X antes de intentar iniciar X co Display Manager.