Cousas miñas e outras burradas
TwitterFacebookFlickrLinkedInEmailRSS

CN e o día da morte …

Abraham de Moivre, matemático francés, predixo exactamente a data da súa morte ?
Deuse conta de que cada día dormía 15 minutos máis que o día anterior, a partires deste feito conxeturou que morrería o día que durmiría 24 horas. Ese día, calculado por el mesmo era o 27 de novembro de 1754 e estaba no certo.

Sona a lenda esta historia, pero despois do examen de CN ocorreseme que o tipo este interpolou todos os nodos cun polinomio de Lagrange cunha separacion de 15 minutos e claro ao final calculou o erro dese ultimo nodo que non ten porque foi interpolado, e o erro é cero.

Ruta Coloreada

Un israelí de orixe rusa resolveu un problema matemático que estaba pendente de solución desde que se expuxo fai case corenta anos.

Segundo informou hoxe o diario Jerusalem Post, o autor do achado é Avraham Trakhtman, de 63 anos, que emigrou nos setenta a Israel desde a rexión dos Urales.

Con só o seu cerebro, un lapis e un papel, o emigrante resolveu o “Problema da Ruta Coloreada”, que permanecía sen solución desde que o expuxo en 1970 un equipo de matemáticos dirixido polo profesor Binyamin Weis.

Aínda que ten varias versións, a formulación máis simple do problema é a seguinte: Como alguén que chega por primeira vez a unha cidade cuxas cales non teñen nome pode atopar unha casa con indicacións de “agora á esquerda, agora á dereita”.

A resposta de Trakhtman a ese enigma será publicada proximamente polo Diario Israelí de Matemáticas pero xa comezou a circular entre os medios especializados.

A solución do problema esta na seguinte url www.cs.biu.ac.il/~trakht/roadcolo.pdf

A orixe dos numeros

¿ Algunha vez preguntacheste porque o número árabe ‘1′ significa ‘un’ e o ‘2′ significa ‘dous’ ?

Polo visto a lóxica que hai detrás dos números arábigos ou fenicios son os ángulos.

Cada número escrito ten un número totla de ángulos igual ao concepto numérico que representa. Falando sempre dos díxitos do 1 ao 9, porque realizar un polígono con 100 ou 1000 ángulos é unha burrada xDD. Queda máis claro vendo esta imaxen. Continue reading