SGAE

...now browsing by tag

 
 

Ramoncín chapa o canal de Youtube de “El Jueves”

Xoves, Novembro 12th, 2009

Ramoncín, cantante e ex directivo da Sociedade General de Autores Españois(SGAE), foi o responsable do peche da canle da revista El Jueves en YouTube. O artista denunciara á publicación polas súas continuas burlas no portal de vídeos de Google. YouTube decidiu facer caso ás reclamacións de Ramoncín e pechar a canle. Con todo, a revista asegurou que seguirá colgando contidos audiovisuais a pesar da censura.

Pero El Jueves asegura non conformarse con esta suposta vitoria de Ramoncín. Desde a revista advirten que a canle do Xoves trasládase a Dailymotion e ademais, aseguran que colgarán un vídeo á semana en YouTube para comprobar “canto tempo dura”. Non hai nada como prohibir para difundir máis un contido pola Rede.

Aquí queda o primeiro, realmente moi bo sobre todo a parte final :D

O inxusto do caNON

Xoves, Decembro 20th, 2007

Na web do Ministerio de Industria , Turismo e comercio, textualmente dí:  “En todos los casos, el canon únicamente se paga en una ocasión, al adquirir el producto.”

Pois poñamonos no seguinte caso:

  • Pagaremos o caNON  por mercar o noso mobil
  • Pagaremos o caNON  por baixar a nosa canción favorita ao noso operador ou terceiras empresas.
  • Pagaremos o caNON pola nosa tarxeta de expansión de memoria.
  • Pagaremos o caNON  polo noso disco duro don almacenamos as nosos contidos, por exemplo fotos, melodias do mobil.
  • Pagaremos o caNON  polos CD’s – DVDs para grabar as nosas fotos, videos, etc.

Acabo de listar 5 motivos polos que pagarás por poder escoitar música no mobil e no PC e todo unha mesma canción mercada de forma legal.

caNON

Martes, Decembro 18th, 2007

—————————————————

Click to continue »

O Senado aproba ‘por erro’ a desaparición do canon dixital

Venres, Decembro 14th, 2007

adeus canon

A emenda saiu adiante co apoio do PSC e a equivocación do PP namentres as asociacións de internautas e os fabricantes de equipos electrónicos fréganse os ollos, e non saen do seu asombro. E as sociedades de xestión de dereitos de autor non caben

 

na súa indignación. Así que… adeus ao canon dixital!

 

O importe que grava a todos os soportes e equipos capaces de gravar contidos protexidos pola Lei de Propiedade Intelectual deberá desaparecer teoricamente no prazo dun ano.

Máis na fonte.