udc

...now browsing by tag

 
 

Facultades andantes?

Martes, Novembro 3rd, 2009

Cito:

    EL DÍA 7 DE OCTUBRE DE 2009 EL CENTRO PERMANECERÁ POR SER FESTIVO LOCAL EN A CORUÑA


Deducese entón que calqueira día que non sexa 7 de outubro a facultade pode non permanecer no seu lugar de costume..

Mención aparte merecese o incumplimento da normalización lingüistica polo “La Coruña”

Cartaz

Fonte: David Belay

18D ás 20:00, no Obelisco. Por unha informática digna

Xoves, Decembro 11th, 2008

O próximo día 18 de decembro, tal e como se aprobou na Asemblea de Estudiantes da Facultade de Informática da Universidade da Coruña do pasado mércores, realizarase unha concentración no Obelisco ás 20:00, na que participará Víctor Carneiro, profesor deste centro, dando unha clase de redes, ou algún outro tipo de charla, na propia rúa.

En dita Asemblea acordouse que, para facilitar a asistencia de traballadores a esta concentración, faríase ás 20:00, e dado o cedo que anoitece nesta época do ano, levaríanse velas para facer a concentración máis rechamante e peculiar.

Cartaz: Macías López

O lobo Boloña!!!

Venres, Novembro 7th, 2008

Recentemente hai unha explosión de comentarios de información e desinformación nas Enxeñerías Informáticas referentes aos planos Boloña nos nosos estudos.

Sorprendeme que o PP agora esté interesado nas nosas atribucións, xa que se estamos neste fregado é gracias a eles o PP e o actual goberno do PSOE. Pero este problema xa viña de antes, ainda que moitos o descobren agora, temos como exemplo esta nova: Manifestación de informáticos en el SIMO“, [...] Estudiantes de Ingeniería Informática piden una regulación de la profesión a las puertas de Ifema[...]. O referente ao artigo do Colexio de Informaticos de Andalucía ten un tono algo alarmista, pero no fondo o que expón é certo.

A eliminación dos estudos de enxeñería informática non vai ocurrir, de feito hai universidades que están elaborando os plans de estudos en Grao.

Na lei de adaptación ao Espazo Europeo de Ensino Superior, o Goberno central dispuxo que os plans de estudos das titulaciones asociadas ás profesións reguladas deberán axustarse ás súas leis de atribuciones. Este axuste materializase na “ficha de grado” de cada titulación, que é un compendio de contidos e competencias que deben ter os titulados. Hai que ter en conta que “competencias” non é o mesmo que “atribucións”. As competencias son “aquilo que se sabe facer”, mentres que as atribuciones son “aquilo que a Lei che faculta para facer”.

Para as profesións non reguladas (como a nosa) non hai fichas, polo que cada universidade pode facer o que considere oportuno, mentres as titulaciones respondan a uns mínimos moi xenéricos. Na enxeñeria en telecomunicacións (que si está regulada) hai ficha, e nela incluíron moitas competencias que son do noso ámbito. Nós non temos ficha, así que a carreira que vai ter recoñecidas oficialmente as nosas competencias van ser os Enxeñeiros en Telecomunicacións.

A sitaución é crítica, pero ainda temos marxen de maniobra. Para elo é preciso o compromiso e traballo de todos. Non podemos relaxarnos pero todos xuntos e unidos somos capaces de solventar este entorto, que somos ENXEÑEIROS!!! e savemos solventar todo tipo de problemas.

Estriptís en Arquitectura na UDC

Luns, Outubro 13th, 2008

Será certo?

EDITO:

É Certo. Un día despois de ser publicado esta nova no meu blog, é recollido hoxe na Voz de Galicia. Segundo o director da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña é un espectáculo de expresión corporal e non un estriptís.

O obxectivo da representación era falar da creatividade, de que a arquitectura forma parte das belas artes e de que nelas non hai ideas preconcibidas nin estritas directrices.

Preferencias con xuros

Xoves, Setembro 11th, 2008

Hoxe navegando pola web da Facultade de Informática de A Coruña, atópome co seguinte paragrafo:

“É conveniente que antes de matricularse no Máster, o alumno interesado se poña en contacto co coordinador para explicarlle o funcionamento do mesmo e orientarlle na elección de optativas segundo os seus xuros.”

Non serían preferencias, ei aqui un claro exemplo de mal emprego do opentrad. Porque en galego os xuros son Diñeiro que produce un capital

Rematan os exames e volvo a escribir aquí

Xoves, Xuño 19th, 2008

Xa rematei cos exames e desta vez non son con desperfectos mentais senón físicos. Pois deste enxame de  exames quedoume bastante claro que na Universidade de A Coruña, teñen uns carteis moi peculiares.

Non sería na Aula ??

Logo hai quen modifica os carteis para chamarlle as cousas polo que son, por exemplo este que dí forno de estudo. E tanto iso son altas temperaturas, eu creo que fai máis calor dentro da aula de estudo que fora a sombra dunha arbore .

O sen sentido, as normas ao reves!!!

Sábado, Xuño 14th, 2008

Esta imaxen foi sacada hoxe na Aula de Estudo de Riazor (A Coruña) e dí “Estar reunidos, falando ou fumando fóra da aula de estudos ou das escaleiras será motivo de expulsión da aula”

É decir so se podemos falar estar reunidos na aula de estudo para que non nos expulsen dela xDD

100% verídico vinde ata a aula de estudo e quedares sorprendidos xDDD.

Click to continue »

Hoxe comemos g por x??

Sábado, Maio 10th, 2008

Onte venres fun a comer a Facultade de Económica e Empresas da UDC, e como sempre que vou o primeiriño que fago é ver o menú que sorpresa que nos depara, porque sempre teñen algunha cousa que non coñezo ( xD) como hoxe que teñen “Berengena” se vos fixades o menú comeza en galego e despois pásase ao castelán, e donde está o punto de inflexión galego ao castelán ? Pois moi sinxelo na liña “Berengena Gratinada” porque en galego sería Berenxena e en castelán sería Berenjena. O máis estrano é que cando vimos nos eso quedamos abraiados con aquel termo Coruño e que xa era unha hora bastante tarde e ninguén se percatara dese erro nin tomara laboura por arranxalo.

Despois tocou pasar polos mostradores e alí sempre teñen tódolos días ensalada, que soe ser o que collo pero para miña sorpresa era a mesma ensalada do mércores, xoves e de hoxe (venres). Non sei como se atreven a por sempre a mesma leituga onde se ve claramente que esta oxidada e con algunha leituga media murcha. Pena de non ter unha foto que saira ben a leituga xD.

Logo os callos máis ben parecía unha sopa de de garanbazos e a pescada tiña un alí un aspecto un pouco a cocida indescriptible que decia non me comas. O arroz con albóndegas pois nada máis que decir que era arroz con sal e un pouco cocido sen mais aquel, e que non me atrevería a tomar as albóndegas despois da última experiencia que tiven alí con elas que parecían unhas bolas de carne irrompibles e cun saborcillo a rancio.

Ao final tomei unhas as berenxenas e unhas milanesas con patacas fritidas (xa que se agotaran as pescadas), as patacas estaban algo refritidas, o de refritidas refirome a cando as friten primeiramente e non chegan ao punto exacto de coción e logo volvenas ao aceite para sacar para fora as patacas quentes, o problema e cando repites esta operación e volves refritir entón xa imos a ter as patacas que escapan polo planto cando as queres coller co garfo.

Con todo isto a cafetería de ADE (económicas) e das que mellor preparan a comida segun a xente que eu coñezo e pola cantidade de xente que ten, a miña pregunta é ¿a xente sabe ben o que é a comida? non é só o feito de tapar un oco no estómago ou unha necesidade biolóxica. Outra reflexión se o servizo da cafetería ten uns prezos reducidos respecto doutros lugares é porque reciben unha axuda económica da propia universidade, non deberiamos os alumnos poder evaluar este servizo nas enquisas que nos fan, sobre os profesores, o servizo da biblioteca, …

Aproximanse os examéns

Mércores, Maio 7th, 2008

A menos dun mes para os examens eu xa ando medio agobiado. Eu facendo a miña gran labor de google atopei esta web http://www.buscaexamen.com de momento ainda non é comparable coa cantiade de información que ten rincon del vago, no caso da FIC so atopei os examéns de Algoritmos que xa teñen na web.

Con todo esto xa chegan os examéns e chega o momento de quitar tempo de tódolos lados.

examen

Borracho de sono numérico

Mércores, Abril 30th, 2008

Despois de levar dous días vivindo para C.N. ( Computación Numéria), unha asignatura de matemáticas que temos na carreira (ETIX). Relato os efectos que tivo sobre o meu corpo en 48 horas:

  • Rematar a práctica 2 as 7:30 unha hora antes da presentación da mesma.
  • Por conseguinte facer unha defensa da mesma pobre e cunha cara de durmidos.
  • A papeleira chea de papeles con ideas que ao final non serviron para nada, e tamen uns cantos zumos e red bull’s de David.
  • Dumir 8 horas en 48 horas.
  • Dous Tes.
  • 1 Litro de Cafe.
  • 1 Tirón na perna
  • “Joderme” a super ponte desta semana porque vou ter que estar durmindo un día e medio para recuperame.
  • Deixarme traballo no google reader, algo máis de 700 novas por ler e 30 correos electrónicos que ler e contestar.

E o peor de todo que agora lendo no reader atopome con:

La Matemática es la llave de oro que abre todas las ciencias.
Víctor Duruy

Este tipo non sufriu unha noite de CN, senon nin abria a boca nin os ollos. Non sei que farei na ponte aparte de dumir e ter pesadelos numéricos xDD.